Actividades

VISITA DE KALANDRAKA

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria recibiu, coma noutros cursos pasados, a visita da editorial Kalandraka que esta vez ofreceu unha sesión de contacontos interactivos relacionados co noso proxecto de centro sobre o monte e nos que participou o alumnado de xeito activo.

A actividade foi un detalle desta editorial pola subscripción.

GAZAS KALANDRAKA!!!

 

AS NOSAS PLANTIÑAS

 Mirade que fermosas están as nosas plantiñas: as sementes de garavanzos, lentellas, fabas, ... empezan a xermolar. A ver cando dispoñemos da terra!! que se está a facer de rogaaaaaaar. En breve poderemos trasplantar,... se temos onde... 

 

 

AS NOSAS AMIGAS AS ABELLAS

 

E seguindo co noso proxecto sobre o monte, hoxe recibimos en primaria a visita de  Beatriz Ríos, membro do Consello Regulador do Mel de Galicia, que nos ofreceu unha interesante charla sobre as colmeas e as abellas. Puidemos ver unha colmea prefabricada, os panais que leva no seu interior e ata poñer un traxe de apicultor!!!.

Tamén recibiron un agasallo dun bote de mel un globo para cada neno.

Grazas Beatriz pola túa colaboración!!!

SEMENTAMOS

Onte os alumn@s de 6º sementamos fabas, tirabeques, chícharos, pementos, mostaza, canónigos,... fixemos unha boa sementeira!!

Agora a regar e esperar que nazan, para despois plantar na nosa hortiña. 

  

 

DURMIMOS NA ESCOLA?

 Disfrutamos coas consignas do entroido. Como hai que vir con roupa de durmir..... pois.... Durmimos!!

Velaquí @s alumn@s de 5º en plena sesta no pavillón:

 

E @s alumn@s de 6º preparados para a clase de lingua galega:

 

PANCARTA ENTROIDO

  @s alum@s de quinto e sexto colaboramos na elaboración da pancarta para o entroido: NON QUEIMES O FUTURO.

Continuamos coa concienciación do alumnado  en prevención de incendios e a posta en valor da vida no rural.

 

Mesmo algún alumno de ESO se animou a botar unha man. Agradecemos a colaboración.

PROXECTO DE CENTRO DE PRIMARIA: O HORTO ESCOLAR

Comezan os preparativos do horto de primaria. Xa se construiu o composteiro (foi realizado polo alumnado de 1º  de ESO) e xa se colocou no patio.

Tamén tivemos a sorte de recibir unha doazón da Empresa Narlitrans de  Naranjas La Picaraña de catro caixóns de madeira que, unha vez recortados, farán de bancais para o horto. Nas fotos podedes ver o traballo realizado polo alumnado de 3º de ESO que se encarga de cortar e preparar ditos caixóns.

 

Nesta tarefa tamén colaborou alumnado de 6º de primaria, reforzando as estruturas dos caixóns, lixándos e trasladando os mesmos ao lugar que ocupará o horto. Agora só falta enchelos de terra....Aquí podedes ver algunhas fotos.

 

O alumnado de 3º de ESO foi o encargado de colocar os palés para o horto vertical...

 

Tamén realizaron tarefas de reparación do composterio. Aquí tedes algunhas imaxes.

 

ENLACE Á GALERÍA DE FOTOS

 

A NOSA ÁRBORE

 A nosa árbore incendiada está tomando forma. Cada semana adicamos parte dunha sesión de plástica, vai lenta...

 

 

É unha forma de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de coidar o noso monte. 

SAÍDA AO TEATRO

O luns 18 de decembro o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída a Santiago para ver a obra de Baobab Teatro titulada "Pum, Pum".

Marieta é unha nena rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cuando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo.

A partir de historias cotidianas que lles pasan aos neno/as traslada unha mensaxe moi clara:  ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Antes de ver a función realizamos unha visita guiada ao museo da catedral.

 

 

 MÁIS FOTOS NO ENLACE!

 

SAÍDA DE 3º e 4º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria asistiron o día 28 de novembro  á posta en escena da obra teatral: RUBICONDO no Auditorio de Abanca en Santiago de Compostela. Durante a súa representación riron, cantaron... pasárono xenial.

Rematado o espectáculo merendaron no exterior de San Martín Pinario e camiñaron ata o Pazo Xelmírez para poder entrar a descubrir e gozar das vistas das cubertas da Catedral.

Powered by Drupal - Design by artinet