Aquí podes ver todas as fotos da actividade.
Actividades
Un toque de cor
Traballos do alumnado de terceiro
Abonado
Contamos coa colaboración de catro altruístas de sexto para o labor de abonado dos bancais. Listos para a sementeira!
INICIAMOS O TRABALLO NA HORTA
Saída nutrición supermercado
O mércores día 3 de maio o alumnado 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria fixeron unha saída ó Gadis de Padrón, dentro do Programa Anual de Nutrición e Sostibilidade.
O alumnado realizou unha compra ficticia de alimentos saudables.
Aquí podes ver todas as fotos e vídeos.
Creamos un folleto turístico
Moi orixinal o traballo que fixemos o alumnado de sexto de E. Primaria xa que creamos os nosos folletos turísticos dun lugar de Dodro ou arredores. Tamén, moi bonito o cartel que fixeron as nosas compañeiras María e Carmen.
Debuxamos
Despois da actividade compartida co CRA plasmamos en debuxo as nosas sensacións. Que ben loce o noso taboleiro!
Carteis para o composteiro
O noso compañeiro Dani R. elaborou estes fermosos carteis para concienciarnos da importancia dunha boa escolla dos residuos para o composteiro. Mirade que ben loce!
Grazas, Dani!
Sexta sesión MUSE
O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas do mundo. Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros.
Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!
Verémonos de novo en setembro.
Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos da actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »