Tecnoloxía

PROXECTOS DE TALLER CURSO 2015-16

Algunhas fotos dos alumnos de 4º de ESO.....

    

    

TRABALLOS DE TALLER 2016-2017

2º DE ESO:

As maquetas representan esceas de contos de Edgar Allan Poe e están relacionadas co Proxecto de Centro deste curso que leva por título " O Misterio e o Medo".

THE LIGHT HOUSE

  

METZENGERSTEIN

King Pest the First

3º DE ESO:

O alumnado está a desenvolver unha actividade de robótica que consiste na montaxe de diferentes modelos de robots e a descarga e utilización a través da aplicación móbil. Estes modelos serán despois utilizados nas materias de linguas estranxeiras para realizar unha actividade de expresión oral sobre orientación e direccións sobre un plano dunha cidade representado sobre unha moqueta de 2,00x3,50 metros.


 

 

PROXECTOS CURSO 2014-2015

PROXECTOS DE 2º DE ESO:

O alumnado de 2º de ESO realizou ao longo deste curso un traballo por proxectos que consistiu na elaboración de maquetas de centrais xeradoras de electricidade e utilización de enerxías renovables. As maquetas foron feitas con material de refugallo e deseñadas polos propios alumnos. Foron tamén instalados un motor de corrente continua e dous circuitos con luces ( un deles accionado por un imperruptor e o outro por dous conmutadores).

Os traballos aínda non están rematados pero aquí tedes unha mostra do que poderedes ver o día 19 na exposición de final de curso do noso Proxecto de Centro "Ecoescola":

GRANXA ECOLÓXICA:

           

INVERNADOIRO:

            

PARQUE EÓLICO:

             

ESTACIÓN SOLAR:

ESTACIÓN MAREMOTRIZ:

PROXECTOS DE 3º DE ESO:

As maquetas realizadas ao longo deste curso polos alumnos de 3º de ESO foron maquetas de vivendas que eles mesmos deseñaron (incluídos os planos) e construidas en cartón e outros materiais de refugallo. No último trimestre fixeron nas mesmas a simulación das instalacións de auga quente e fría, calefacción e instalación de gas.

GRUPO I

     

GRUPO II

  

GRUPO III

   

OS TELLADOS DAS VIVENDAS E A DECORACIÓN DAS PAREDES FOI FEITO POLO ALUMNADO NAS CLASES DE PLÁSTICA !!!!!

 

PROXECTO DE 4º DE ESO:

Consistiu na construción da maqueta dunha vivenda unifamiliar sostida con enerxías renovables (aeroxerador, placas solares, células fotovoltaicas, recollida de auga de chuvia para o rego,....) e á que se lle incluiron circuitos eléctricos para a iluminación,  sistema de bombeo, motor de corrente continua e circuito pneumático.

   

Momento da construción da maqueta....

 

 

 

 

 

 

 

Proxecto anual 4º ESO 2014-15

Unhas cantas fotos da maqueta que están a facer os alumnos de 4º de ESO:

VISTA XERAL

COCIÑA E LAVANDERÍA

     

SALÓN E ESTUDIO

    

DORMITORIO E BAÑO

           

 

A medida que vaiamos ampliando o traballo iremos publicando novas e fotos.

 

OPERADORES MECÁNICOS

O próximo tema que imos ver en Tecnoloxía é o de Operadores Mecánicos. Nel aprenderemos a recoñecer diferentes mecanismos de transmisión e transformación de movemento e tamén a calcular tamaños e velocidades de poleas, algo que será moi útil cando teñamos que colocar o motor nas nosas maquetas de taller. Aquí vos deixo un enlace  onde podedes ver como son e como funcionan algúns destes mecanismos.

ENLACE

Caucho e Sobreiras VÍDEOS

Picade nos enlaces  para ver vídeoa sobre extracción de caucho e obtención de corcho.

CAUCHO

CORCHO

TAPÓNS DE CORCHO

PROCESADO DA MADEIRA VÍDEO!!

Picando no ENLACE poderedes ver un vídeo sobre o procesado da madeira e fabricación de contrachapado. Espero que vos sexa útil.

PROXECTOS DE 2º DE ESO CURSO 2014-15

Aquí tedes uns enlaces interesantes relacionados cos proxectos que idesenvolverán este curso os alumnos de  2º de ESO.

CAMPOS DE HELIOSTATOS: Pica no ENLACE I ou no ENLACE II

 

 

 

ENERXÍA MAREOMOTRIZ:Pica no ENLACE

 

 

 

PROXECTOS 2013-14

2º ESO:

       

        

                 

3º ESO:

            

4º ESO:

         

OBRADOIRO DE TECNOLOXÍA 2013-14

Durante este curso os alumnos de ESO do noso centro realizaron maquetas relacionadas coa temática do Proxecto de Centro (A Muller), e as profesións máis habituais destas no ámbito tradicional. En 2º de ESO as maquetas foron feitas en madeira principalmente pero utilizando outros materiais de refugallo como telas, cartón, cacerolas...

         Queixeira  

        Panadeira

           

   Costureira

              

     Roca

     Cociñeira

                

    Lavandeira

    Alfareira

En 3º de ESO fixeron maquetas en cartón de vivendas unifamiliares que foron decoradas nas clases de Educación Plástica (tamén fixeron os tellados) e agora volveron ao taller de tecnoloxía para facer a instalación de auga, gas e calefacción.....

                  

     

                

En 4º de ESO o proxecto anual foi a construción dunha maqueta dunha curtiduría na que se representaron os pasos do proceso que se levaba a cabo para o tratamento das peles de xeito tradicional:

                   

 

Powered by Drupal - Design by artinet