O próximo tema que imos ver en Tecnoloxía é o de Operadores Mecánicos. Nel aprenderemos a recoñecer diferentes mecanismos de transmisión e transformación de movemento e tamén a calcular tamaños e velocidades de poleas, algo que será moi útil cando teñamos que colocar o motor nas nosas maquetas de taller. Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver como son e como funcionan algúns destes mecanismos.