PROXECTOS CURSO 2014-2015

PROXECTOS DE 2º DE ESO:

O alumnado de 2º de ESO realizou ao longo deste curso un traballo por proxectos que consistiu na elaboración de maquetas de centrais xeradoras de electricidade e utilización de enerxías renovables. As maquetas foron feitas con material de refugallo e deseñadas polos propios alumnos. Foron tamén instalados un motor de corrente continua e dous circuitos con luces ( un deles accionado por un imperruptor e o outro por dous conmutadores).

Os traballos aínda non están rematados pero aquí tedes unha mostra do que poderedes ver o día 19 na exposición de final de curso do noso Proxecto de Centro "Ecoescola":

GRANXA ECOLÓXICA:

           

INVERNADOIRO:

            

PARQUE EÓLICO:

             

ESTACIÓN SOLAR:

ESTACIÓN MAREMOTRIZ:

PROXECTOS DE 3º DE ESO:

As maquetas realizadas ao longo deste curso polos alumnos de 3º de ESO foron maquetas de vivendas que eles mesmos deseñaron (incluídos os planos) e construidas en cartón e outros materiais de refugallo. No último trimestre fixeron nas mesmas a simulación das instalacións de auga quente e fría, calefacción e instalación de gas.

GRUPO I

     

GRUPO II

  

GRUPO III

   

OS TELLADOS DAS VIVENDAS E A DECORACIÓN DAS PAREDES FOI FEITO POLO ALUMNADO NAS CLASES DE PLÁSTICA !!!!!

 

PROXECTO DE 4º DE ESO:

Consistiu na construción da maqueta dunha vivenda unifamiliar sostida con enerxías renovables (aeroxerador, placas solares, células fotovoltaicas, recollida de auga de chuvia para o rego,....) e á que se lle incluiron circuitos eléctricos para a iluminación,  sistema de bombeo, motor de corrente continua e circuito pneumático.

   

Momento da construción da maqueta....

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet