CARAPORQUIÑA VERMELLA NOS VISITA.....

Hoxe tivemos o inmenso pracer de desfrutar, de man de Xan Pérez,  da obra de títeres que leva por título "Caraporquiña Vermella". Podedes ver alguna das fotos na nosa galería no álbum TITERES.

Esperamos que vos gusten case tanto como lles gustou o espectáculo aos nosos alumnos e alumnas de primaria!!!!!!!


PLANTACIÓN DE ACIVROS

O pasado venres 16 de marzo realizamos o transplante dos nosos carballos a uns recipientes máis grandes xa que, debido a este tempo de sequía, non os puidemos plantar no monte.  Os recipientes foron traídos da casa polos nosos alumnos e alumnas que, como bos ecoloxistas, procuraron materiais de refugallo como caldeiros e macetas vellas. Tamén levamos a cabo a  plantación de catro preciosos acivros cedidos xenerosamente pola Asociación de Comerciantes do Concello de Padrón.

Coma sempre as nosas fotos na galería en "PLANTACIÓN DE ACIVROS".

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A actividade desenvolvida consistiu na participación das alumnas de Secundaria que escribiron frases relacionadas coa discriminación da muller e, acto seguido,  os seus compañeiros de clase as borraron utilizando auga e unhas escobas mostrando deste xeito a súa repulsa a actitudes contrarias á igualdade. Ao tempo que se facía esto unha alumna leía todas as frases para que os alumnos/as de Primaria, que asistiron ao acto, poideran escoitalas. Unha vez rematado esto o alumnado de Primaria fixo entrega duns "pins" que eles mesmos confeccionaron oas seus compañeiros de Secundaria.

Novo álbum de fotos da actividade realizada para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Coma sempre na nosa GALERÍA fotográfica.

FOTOS DO ENTROIDO 2012

PODEREDES VER AS FOTOS DO ENTROIDO ACCEDENDO Á GALERÍA NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS E ACTIVIDADES DO COLEXIO.

 

 

.

TEXTO ESCRITO POR LEOPOLDO ABADÍA

Picando no enlace poderedes ler un artigo escrito por Lepoldo Abadía, profesor e escritor español.

ATAQUE DO VALEDOR DO POBO Á NOSA LINGUA

RECTIFICACIÓN INMEDIATA OU DIMISIÓN !!!!!!

Accedede ao escrito enviado á Consellería polos Equipos de Normalización Lingüística  e apoiado polo noso Claustro de Profesores.

CONCENTRACIÓN PROTESTA CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO

Na mañá de onte os alumnos/as, profesores/as e pais e nais do noso centro fixemos unha xuntanza durante o recreo para protestar polos continuos recortes que a Consellería está a facer no ensino público galego. Dende aquí queremos agradecer a aqueles pais e nais que fixeron o esforzo de atopar un oco para participar neste acto e apoiar a todos os estudantes da nosa comunidade.

GRAZAS A TODOS, PAIS, NAIS, REPRESENTANTES DAS ANPAS, PROFESORADO  E ALUMNADO POR LOITAR POR UN ENSINO PÚBLICO GRATUÍTO E DE CALIDADE !!!!!!

 

 

 

 

POLO FUTURO DO ENSINO PÚBLICO

En defensa do ensino público e en contra da política de recortes da Consellaría de Educación 18 de Outubro ás 20:00 h

Concentracións
A Coruña:Praza de Pontevedra;  Ferrol: Diante do edificio da Xunta;  Compostela:Praza do Toral
Lugo:Edificio Multiusos da Xunta; Foz:Praza de Galiza;  Ourense:Diante da Xefatura Territorial
Xinzo:Praza do Concello;  Pontevedra:Praza da Peregrina;  Vigo:Diante do Marco
Vilagarcía:Praza de Galiza;  A Guarda:Praza do Reloxo

 

 

A VOSA PARTICIPACIÓN É BÁSICA PARA QUE OS ALUMNOS/AS DE HOXE E DE MAÑÁN POIDAN TER UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE.

¡¡¡¡¡¡¡¡NON AOS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO!!!!!!!!

OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS COCIÑAN

Dende o Departamento de Benestar Social e Igualdade  do Concello de Dodro promoveuse a campaña " En Dodro toca....a corresponsabilidade". Unha das actividades desenvolvidas foi un concurso de receitas dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria.

Presentáronse 26 pratos, doces e salgados, feitos polos alumnos/as. Os gañadores/as foron: Cristina Torres Vigo coa súa boísima receita de Tarta de Tres Chocolates, Iria Doval Rial cun estupendo Pastel de Carne e Anxo Susavila Otero que  pre sentou a orixinal Ensalada "Teaio".

Todo o alumnado participante recibiu un pequeno agasallo pola súa participación.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!!!!

 

Podedes ver as fotos do acto na nosa galería de fotos.

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBOE

O pasado luns 21 de marzo celebramos o Día da Árbore e o Día da Poesía. As fotos están colgadas na nosa galería.

Esperamos que vos gusten.

Powered by Drupal - Design by artinet