GAÑADORES DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 28 de outubro)

En hora boa ás gañadoras desta semana que xa son de sobra coñecidas

                 Andrea                          Naiara

Tamén contamos esta semana cunha nova acertante

Noemí

¡Grazas pola vosa participación e animádevos co enigma desta semana!

revistadodro@gmail.com

CHARLA SOBRE CIBERDEPENDENCIA NOS ADOLESCENTES

 

O vindeiro xoves día 15 de novembro ás 19:30 horas terá lugar a charla sobre Ciberdependencia en adolescentes no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón a cargo de Manuel Isorna e integrado no programa de Educación para a Saúde e Prevención das Drogodependencias e Trastornos Adictivos.

Grazas polo voso interese e a vosa participación.

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Ao longo da semana do 5 ao 9 de novembro celébrase a Semana da Ciencia en Galego. O departamento de Tecnoloxía xunto co de Galego convidan aos alumnos e alumnas do centro, e tamén ás familias, a visitar a exposición sobre Leonardo Da Vinci que permanecerá aberta no edificio de Secundaria ata o día 20 deste mes. Tamén animamos aos nosos alumnos a que participen no concurso "Coñezo a vida e a obra de Leonardo Da Vinci?".

As bases do concurso poden ser consultadas na propia exposición.

GAÑADORES DO ÚLTIMO ENIGMA

¡Parabéns unha vez máis para Naiara e Andrea!

(unhas habituais da nosa sección "Enigmas")

 

 

 

 

 

 

 

 

¡Grazas pola vosa participación!

O novo enigma xa está publicado, ¡participade!

revistadodro@gmail.com

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

A xornada lectiva foi amenizada cunha obra de teatro

Tamén se escoitaron contos coa temática propia destas datas a cargo de Manolo Lorenzo e Paula Carballeira

GAÑADORES DO ÚLTIMO ENIGMA

En hora boa unha vez máis a Naiara (3º de Primaria) e a Andrea (3º de PDC).

          

Parabéns tamén para Ana (3º de ESO), outra das acertantes desta semana.

                                        

 

 

VISITA A BODEGA DE MARTÍN CÓDAX

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria foi visitar a bodega de Martín Códax o pasado mércores

A visita non incluíu a cata dos caldos...

GAÑADORES DO ÚLTIMO ENIGMA

Parabéns para Naiara (3º de Primaria) e para Andrea (3º PDC).

(para ver respostas e novo enigma, consultar sección "enigmas")

      

O novo enigma xa está publicado, ¡esperamos as vosas respostas!

¡Participade!    

revistadodro@gmail.com

SEGUIMENTO MAIORITARIO DA FOLGA

  Importante seguimento da folga no centro. O 72% do alumnado non acudiu ás clases.

CALENDARIO E SAMAÍN

 Xa estamos empezando a recibir algún material para o calendario, e queremos agradecer a vosa colaboración. ¡Pero non esquezades os debuxos!

  Continuando co calendario e coincidindo coa vindeira celebración do Samaín, temos un enigma que quizais poidades resolver...

¡Anímate a participar!

(Ver sección "enigmas")

(Todos os acertantes recibirán un aperto de mans)

revistadodro@gmail.com

Powered by Drupal - Design by artinet