INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

XA PODEN CONSULTAR OS HORARIOS DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS E HORARIOS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN DE SECUNDARIA EN "XEFATURA DE ESTUDOS".

MICROMOVIE

No enlace podedes acceder á micromovie realizada polos alumnos de 4º de ESO a finais do curso pasado. O proxecto levouse a cabo dentro do programa de Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta.

Esperamos que vos guste

ENLACE

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

 Xa se poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso. Pregámoslles presten atención ás notas ao pé. Poden consultar os listados picando no enlace ou accedendo a "Secretaría-Libros de Texto".

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO

Aí vai unha foto da visita ao oceanográfico de Valencia con algúns dos seus habitantes

Máis fotos en Galería, "Valencia"

EXAMES PROBA EXTRAORDINARIA SETEMBRO 2013

Xa se poden consultar os exames de setembro picando no enlace ou accedendo a Xefatura de Estudos- Calendario de Exames- Setembro.

Para calquera dúbida poden chamar ao 981 80 22 05

E CHEGOU O GRAN DÍA!!!

O acto central do festival foi a obra de teatro a cargo do alumnado de PDC que tivo moi boa acollida entre o público, e aproveitamos dende aquí, para felicitar aos actores pola súa performance

Outra actuación interesante, foi o concerto con aqueles instrumentos tan peculiares...

O acto finalizou sobre as 12:30 despois dun refrixerio que compartiron pais, nais, alumnado e profesorado

FELIZ VERÁN A TODOS!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O vindeiro venres 21 de xuño o centro organiza un pequeno festival para despedir o ano escolar. Entre as actividades previstas, cabe destacar unha actuación musical un tanto particular que se estaba hoxe a preparar... Observade os instrumentos...

Esperamos que pais e nais se acerquen para compartir co alumnado este último día do curso.

E ao finalizar, PINCHOS para todos!!!

NOVEDADES NA GALERÍA

Botádelle un vistazo á Galería, hai novas fotos da actividade de piragüísmo realizada polo alumnado de Primaria

Aquí vai unha foto dos intrépidos aventureiros

Tamén lle podedes botar un vistazo ao departamento de Educación Física de Primaria para ver unha interesante presentación...

NOTIFICACIÓN SOBRE AS CLASES DE REFORZO

 

Comunicámoslles que as clases de reforzo de secundaria pasarán a ser, durante o mes de xuño, os luns e os mércores de 16:00 a 18:00 horas e rematarán o día 19 de xuño.

As de primaria serán os martes e os mércores de 16:00 a 18:00 horas e rematarán o mércores día 12.

Reciban un cordial saúdo .

 

PREMIADOS NA CATEGORÍA DE POESÍA (EDUCACIÓN PRIMARIA)

Aquí vai a última foto correspondente aos premiados na categoría de "Poesía" (Educación Primaria)

¿Algún futuro poeta por aí?

Quen sabe...

Powered by Drupal - Design by artinet