O alumnado de 2.º de EP centrou o seu proxecto na saúde bucodental e, entre outros moitos traballos, realizou unha maqueta do interior da boca e un experimento con ósos, ovo e vinagre do que podedes ver, no enlace, unha mostra . Os resultados permitíronlle comprender mellor a causa da caries dental e a maneira de evitala.
En 4º de primaria centráronse máis no tema da alimentación saudable.
En 6º presentaron maquetas das células animais e vexetais e aparellos do corpo humano.
O alumnado de 1º de ESO presentou as súas maquetas de ciencias naturais.
En 2º, 3º e 4º de ESO tamén expuxeron as maquetas de Tecnoloxía e montaron as cúpulas de Leonardo.
O alumnado de primaria elaborou instrumentos musicais feitos con material de refugallo e tamén traballos "bilingual" por parte da mestra de inglés.
Houbo tamén concursos de "Rosco das Partes do Corpo", xogo interactivo con preguntas sobre a temática do proxecto anual, stand de tatuaxes realizados polo alumnado de 4º de ESO, sesións de photocall do cal tedes mais info no noso Facebook.....
Tamén contamos con recomendacións e empréstito de libros da biblio para o verán.