Este curso, seguindo o criterio doutros anos, celebramos o Entroido coa temática do proxecto de centro que, como xa sabedes, ten como tema central o corpo humano, as consignas do Meco foron as seguintes: o mércores “Para que a festa sexa rachada, trae posta na cabeza algunha pallasada” e o xoves “E para que a festa sexa bestial, saca no resto do corpo o teu animal”....o venres non faremos o pasarrúas nen degustación de produtos típicos destas datas pero para paliar un pouco a agonía desta pandemia vimos disfrazados de “O que che pida o corpo”....e a desfrutar!!.
ANIMALADA EN 5º
O venres celebramos o festival do Entroido. Cada un veu co que o corpo lle pediu. Houbo de todo.....
O concurso de disfrces deixou varios gañadores....
Pablo e Catuxa
Pepa
Álex e Samuel
Lois e Dani
O alumnado de 6º confeccionou unhas máscaras típicas do entroido da zona de Verín:
O Meco deste ano correu a cargo do alumnado de 3º de ESO B e este foi o resultado:
Momento da creación..
Despois do festival e do concurso, queimamos , como vén sendo tradición, ao noso Meco...os encargados de poñerlle lume forn os de 4º de ESO: