ENCONTRO INTERNACIONAL AGEND-ARTE 2030

Desde o xoves 10 ao sábado 12 de marzo tivemos o privilexio de poder asistir ao Encontro Internacional AGEND-ARTE 2030 organizado pola Fundación Yehudi Menuhin. A profe Jose asistiu en representación do CPIP Lorenzo Baleirón a este encontro celebrado na residencia La Cristalera en Miraflores de la Sierra-Madrid. Ao longo destes días de participación en intercambios e obradoiros con alumnado,compañeir@s docentes, artistas de diferentes Comunidades Autónomas, e representantes de Alemania, Bélxica, Hungría, Italia e Portugal traballamos a relación entre a arte, a creatividade e a expresión co crecemento e o desenvolvemento persoal, grupal e comunitario, coa integración e a creación de vínculos sociais.

Velaquí algúns momentos de creación e participación en dinámicas activas que invitan á reflexión.

Danzas, medios audiovisuais, microproxectos solidarios, obradoiros de plástica e titoriais de boas prácticas aos que puidemos acceder grazas á nosa reciente incorporación ao programa MUS-E no que nos iniciamos con ilusión e con moitas gañas de poder mellorar a nosa acción e educación.

Podedes ver máis info no seguinte enlace .

Powered by Drupal - Design by artinet