LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 3º,4º,5º e 6º DE PRIMARIA

No enlace poden acceder ás listaxes definitivas do fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA ESO E 3º,4º,5º e 6º DE PRIMARIA

Nos enlaces terán acceso ás listaxes provisionais do fondo de libros para o curso 2019-2020 para alumnado de ESO que aprobara todas as materias en xuño e para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

LISTAXE ESO

LISTAXE PRIMARIA

 

O periodo de reclamacións será o luns 8 e martes 9 de xullo.

Os cheques de axuda para adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria poderán ser recollidos a partires do mércores día 10 de xullo.

OS CHEQUES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE ESO E PRIMARIA ENTREGARANSE EN SETEMBRO UNHA VEZ QUE OS TITORES TEÑAN ELABORADAS AS LISTAXES DE MATERIAL QUE O ALUMNADO PRECISARÁ DURANTE O CURSO, POLO QUE NON PODERÁN PASAR A  RECOLLELOS ATA QUE AS CLASES ESTEAN COMEZADAS.

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO 19-20

Nos enlaces poderán consultar os listados de libros de texto para o curso 2019-2020.

LISTAXE  LIBROS PRIMARIA

LISTAXE LIBROS SECUNDARIA

 

PREGAMOS PRESTEN ATENCIÓN ÁS POSIBLES ACLARACIÓNS E NOTAS AO FINAL DAS LISTAXES

 

 

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 18-19

No enlace ou no ficheiro adxunto poden consultar o calendario de exames de setembro (curso 2018-19). Tamén poden ser consultados na porta de entrada á conserxería do centro.

EXAMES DE SETEMBRO 18-19

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O venres día 21 de xuño, como remate do curso e tal e como se vén facendo no noso centro, celebramos a Xornada de Portas Abertas recibindo a toda a comunidade educativa e expoñendo os proxectos realizados ao longo do curso que seguen unha mesma temática anual ( este curso foi sobre o cine).

Foi unha mañán completa e chea de actividades tales como proxeccións, traballos de tecnoloxía e plástica, murais e decorados de cine, xogos  e poemas, campañas contra o maltrato animal, testemuñas sobre a guerra.....Aquí vos presentamos o resumo e as galerías de fotos:

 

 VIDAS DE PELÍCULA

Traballo onde se recolleron as testemuñas de familiares do alumnado sobre a época da guerra civil. Os audios foron presentados na aula de informática.

GALERÍA DE FOTOS E AUDIOS

DECORADOS DE PELÍCULA

Marabillosos decorados realizados por diferentes cursos

GALERÍA DE FOTOS

TRABALLOS DOS MÁIS PEQUENOS


Proxectos realizados polo alumnado de 1º e 2º de EP con códigos QR, curtametraxes inventadas, contos de cinema, lapbook sobre películas de mascotas....

GALERÍA DE FOTOS

 

CANTO SABES DE CINE?

      


Xogo de preguntas realizado polo alumnado de 6º de primaria

GALERÍA DE FOTOS

PASAPALABRA DE CINE EN GALEGO

 

 

 

Rosco ideado por alumnado de 1º de ESO con preguntas sobre o cine con diferentes niveis adaptados a todas as idades

GALERÍA DE FOTOS

CINEPOEMAS


Poemas elaborados por alumnado de 2º e 3º de ESO en lingua galega que inclúen frases famosas de películas

GALERÍA DE FOTOS

PLAN PROXECTA: PROTEXE AOS ANIMAIS

   

Campañas e murais realizados por alumnado de 1º e  4º de ESO e de 5º e 6º de EP sobre as necesidades dos animais de compañía e contra o maltrato animal

GALERÍA DE FOTOS

CREACIÓNS E XÉNEROS DE CINE


Traballo realizado por alumnado de 6º de EP sobre xéneros de cine e creacións famosas do cine internacional

GALERÍA DE FOTOS

PROXECCIÓNS


Diversas proxeccións levadas a cabo por diferentes departamentos ( inglés de primaria, inglés de secundaria, música..)

GALERÍA DE FOTOS

O MESTRE MATEO DE DODRO

 

Proxecto elaborado polo alumnado de 4º de EP sobre os premios Mestre Mateo e explicación oral sobre o mesmo.........

..........e xogos de mesa relacionados co tema do cine

GALERÍA DE FOTOS 

PROXECTOS DE 4º DE EP

Proxectos realizados ao longo do curso sobre naturais, tecnoloxía, sociais, presentacións en Power Point...

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS

TRABALLOS DE TECNOLOXÍA

 

 

Maquetas realizadas polo alumnado de 2º , 3º e 4º de ESO na materia de tecnoloxía..tamén sobre a temática do cine

GALERÍA DE FOTOS

MURAL DE PLÁSTICA E CÓMICS

 

 

Mural realizado polo alumnado de plástica de 4º de ESO e cómics e traballos gráficos elaborados polo alumnado de 1º e de 3º de ESO

GALERÍA DE FOTOS

FRANCÉS

Proxectado de vídeos realizados polo alumnado de Francés de secundaria

GALERÍA DE FOTOS

TRABALLO DE 3º DE EP

Murais sobre a temática do cine

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO

   

Como remate o departamento de música de secundaria deleitounos cun concerto magníficamente interpretado polo alumnado de 2º, 3º e 4º de ESo...e algún que outro profe....

GALERÍA DE FOTOS E VíDEOS

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA DE FINAL DE CURSO DE PRIMARIA

O alumnado de primaria realizou unha saída á granxa escola de Serantellos. Ademáis de pasalo xenial, cando viñemos recibimos como agasallo unha plantiña de cabaza do pelegrín, un pan que elaboramos nós ao longo da mañá e un paquetiño con sementes variadas, que podemos utilizar para o proxecto do horto escolar o vindeiro curso.

Unha xornada divetida e productiva!!!

 GALERÍA DE FOTOS

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO

DÍA DE PORTAS ABERTAS:

 

O venres día 21 de xuño celebraremos a xornada de portas abertas á que están invitadas familias e comunidade educativa. Nesta nova edición expoñeranse os proxectos realizados ao longo do curso dentro de proxecto e Centro que este ano tivo como temática o cine.

O centro abrirase ao público ás 10:30 que ata ás 12:00 poderá realizar un percorrido polos diferentes postos de exposición onde o alumnado explicará o desenvolvemento de cada actividade.

Ás 12:00 dará comezo o concerto da man do alumnado de 2º , 3º e 4º de ESO e ás 12:45 clausurarase o acto.

ENTREGA DE NOTAS:

As notas do alumnado de secundaria serán entregadas o martes día 25 a partires das 12.00.

O PERIODO DE RECLAMACIÓNS SERÁ OS DÍAS 25, 26 E 27 DE XUÑO.

 

 

BASURALEZA

 Mañá sábado, 15 de xuño, volve a gran recollida cidadá contra a BASURALEZA para frenar as consecuencias da basura abandonada en espazos naturais. dentro do proxecto Libera, unidos contra a basuraleza.

 O alumnado de 5º e 6º, que somos moi madrugadores, xa nos puxemos hoxe man á obra e deixamos o patio do CPI coma os chorros do ouro. Recollemos ata os microplásticos máis micro.

 

 

 

 

 

 

Aquí nos tendes, orgullosos da nosa tarefa. 

 

TRABALLO DE PLÁSTICA


O mural, feito polo alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de 4º de ESO, é unha interpretación da última escena da película ´´Tiempos Modernos´´  de Chaplin .

O alumnado realizou os bocetos nun programa informático a escala e elaborou o mural nunha das paredes da propia aula de Plástica.

De entre todos os bocetos foi escollido o máis axeitado e, unha vez lixada a parede e logo dunha capa de pintura cor branco calcaron, con axuda dun proxector, todas as siluetas e pintaron usando a variación das seis tonalidades de  azuis que se poden atopar.

MAGNÍFICO TRABALLO!!!!

 

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO CO CLUBE AS TORRES DE CATOIRA.

Martes 11 de xuño, despois de aprazar a actividade polo mal tempo, por fin puidemos estrenarnos no río Ulla coa colaboración do clube As Torres. Tampouco atinamos co día ideal porque sopraba moito norte e a máis de un cáseque temos que remolcalo desde Carril. Pero, aínda así, gozamos coa piragua e a pá. E deunos tempo para facer vikingadas preto das Torres e máis para probar a auga medicinal que nace alí preto. 

 

 

 Co drakar vikingo ao fondo:

 Fermosa vista das Torres e os kayakistas nóveles:

 Probando a auga medicinal:

O grupo antes da actividade. Este ano non presentamos ningunha foto na auga, pois tanto Jose coma Lucía animáronse a padexar contra o vento GuayGuay

 Agradecemos a Aldara, David e Xoana, os monitores do clube As Torres, o esforzo e adicación que nos prestaron. 

Non esquezades contactar co clube para os cursos de iniciación que organizan no verán. O mellor plan: vacacións con deporte!

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet