Martes 11 de xuño, despois de aprazar a actividade polo mal tempo, por fin puidemos estrenarnos no río Ulla coa colaboración do clube As Torres. Tampouco atinamos co día ideal porque sopraba moito norte e a máis de un cáseque temos que remolcalo desde Carril. Pero, aínda así, gozamos coa piragua e a pá. E deunos tempo para facer vikingadas preto das Torres e máis para probar a auga medicinal que nace alí preto.
Co drakar vikingo ao fondo:
Fermosa vista das Torres e os kayakistas nóveles:
Probando a auga medicinal:
O grupo antes da actividade. Este ano non presentamos ningunha foto na auga, pois tanto Jose coma Lucía animáronse a padexar contra o vento
Agradecemos a Aldara, David e Xoana, os monitores do clube As Torres, o esforzo e adicación que nos prestaron.
Non esquezades contactar co clube para os cursos de iniciación que organizan no verán. O mellor plan: vacacións con deporte!