8M

Conmemoramos o 8M coa realización dun pequeno mural no corredor das aulas de secundaria.

Foi obra do alumnado de 3º de ESO voluntario de biblioteca.O resto do alumnado colaborará escribindo consignas nas pancartas en branco.

Con este traballo tentamos reivindicar o rol da muller na sociedade, á espera de que esta sexa , cada vez , máis igualitaria.

 

 

 

GALERÍA FOTOS

GALERÍA FOTOS II

O alumnado de 6º fixo ademais un traballo sobre a muller na historia que mostra unha liña de tempo con diferentes figuras femininas de renome:

GALERÍA DE FOTOS

 

 O alumnado de 5º elaborou unha exposición  na que se recolle a historia das profesións das mulleres do seu entorno familiar e veciñal:

GALERÍA FOTOS

 

Tamén se organizou un concurso de microrrelatos co alumnado de ESO relacionado con esta conmemoración. A información sobre o concurso son as seguintes e poden ser tamén consultadas no Faceboook de " O Noso Eusebio" ( https://www.facebook.com/100016566017465/posts/868128847082641/ )

FROITOS

Empezamos a ver resultados! Mirade que ravos tan estupendos e que brocoli máis fermoso!

 

Para a semana faremos a degustación da nosa colleita. Xa vos contaremos. Non vos mete cobiza?

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía organizamos varias actividades.

Unha delas foi a elaboración de pequenos libros con poemas escritos polo alumnado do centro e baseados nos da nosa autora galega á que se lle adica o día 24 de febreiro. Estas marabillas foron expostas no patio de primaria baixo as tellas de Rosalía.



 

Cos poemas elaborouse un vídeo no que podemos ver ao noso alumnado recitando os poemas.

VÍDEO RECITADO POEMAS

 

Tamén tivemos o pracer de escoitar unha muiñeira e unha laborada interpretada por un grupo de alumnos e alumnas de primaria e de secundaria. Sumámonos con isto á iniciativa de "Alboradas a Rosalía" organizada pola Fundación Rosalía de Castro ( máis información sobre a actividdae da Fundación no enlace https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/ ).

VÍDEOS

FOTOS

Tamén podedes acceder ao Facebook de "O Noso Eusebio" no enlace:

FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

 

OS PEQUECHOS DO COLE VISITAN A BIBLIOTECA

Hoxe, o alumnado de 1º de primaria visitou a biblioteca. Previamente recibiron unha invitación personalizada....

Os seus compañeiros de 3º de ESO foron os encargados de elaborar o mural onde, unha vez realizada a visita, os pequenos expresarían as súas emocións ao respecto da mesma.

 

A experiencia foi moi positiva xa que aprenderon a realizar procuras de libros e as normas da nosa biblio.

Esperamos que, a partires de agora, utilicen moito o servizo da biblioteca e desfruten da grande variedade de títulos que nela temos!!

 

GALERÍA DE FOTOS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Nos enlaces podedes acceder ás diferentes fases do Concurso co que conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

TOD@S A PARTICIPAR!!!!

BASES E CONVOCATORIA

CONCURSO 11F

CONCURSO 23F

CONCURSO( 3ª xornada)

CONCURSO ( 4ª xornada)

E XA TEMOS GAÑADORES:

Bruno Opólski Fernández de 3º de primaria e Daniela Brea Mene de 6º.

NORABOA aos gañadores e tamén aos finalistas e participantes.

A MELLOR EDUCACIÓN, EN DODRO

O concello de Dodro vén de elaborar un vídeo divulgativo  sobre o ensino no municipio. Nel recóllense imaxes e testemuñas sobre a evolución educativa no concello nas etapas de infantil de 0 a 3 anos, infantil de 3 a 6 anos , primaria e secundaria.
Compartimos coa comunidade educativa o enlace:


https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=3827280073976345&id=765971536773896&scmts=scwspsdd

ENTROIDO 20-21


Hoxe celebramos, dentro das posibilidades que nos ofrece o coronavirus e respectando todas as medidas de seguridade, o festival de Entroido  2020-2021. Coma sempre , os disfraces estaban relacionados co proxecto de centro que este curso ten por título " PERSENSAMOS DODRO" e que ten como temática as emocións.

Debido á dificultade de realizar certas actividades nas aulas, os disfraces non puideron ser confeccionados no centro, co que cada alumno/a e as súas familias  fixeron o esforzo de se disfrazar pola mañán na casa. O resultado foi unha variedade de vestimentas que aportou un fermoso colorido.

Houbo baile e risas e moitas, moitas emocións!!.

 

Grazas a toda@s pola colaboración.

GALERÍA DE FOTOS

DíA DA CANDELARIA

 
Celebramos o Día da Candelaria, o día no que, coa que estaba caendo, nin os pobres paxariños han podían casar...
Mais nós teimamos en "dar a chapa" co importante que é sempre amosar os afectos, demostrar o cariño, celebrar o amor. Por iso démoslle a tope a "Daniela", a nosa máquina de facer chapas, para poder agasallar con elas a todas as persoas queridas que nestes "pandémicos" días non podemos bicar e abrazar.

Velaquí tendes unha pequena mostra do noso obradoiro LÉVOTE NO PEITO, AÍNDA CO METRO E MEDIO. E que viva o AMOR!


GALERÍA DE FOTOS

O HORTO DESPOIS DAS CHUVIAS

Choveu arreo estes días, onte as nosas hortiñas estaban asolagadas. E mira hoxe que ben locen! Canto medraron as coles e o pak-soi! E o brócoli e allo porro!

Xa podemos empezar a degustar os primeiros ravos. Apetécenvos?

NOVAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19

No enlace poden acceder á medidas de prevención específicas pola evolución do Covid-19 publicadas pola Consellería o 26 de xaneiro de 2021:

ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet