Hoxe celebramos, dentro das posibilidades que nos ofrece o coronavirus e respectando todas as medidas de seguridade, o festival de Entroido 2020-2021. Coma sempre , os disfraces estaban relacionados co proxecto de centro que este curso ten por título " PERSENSAMOS DODRO" e que ten como temática as emocións.
Debido á dificultade de realizar certas actividades nas aulas, os disfraces non puideron ser confeccionados no centro, co que cada alumno/a e as súas familias fixeron o esforzo de se disfrazar pola mañán na casa. O resultado foi unha variedade de vestimentas que aportou un fermoso colorido.
Houbo baile e risas e moitas, moitas emocións!!.
Grazas a toda@s pola colaboración.