BALONCESTO

Aproveitamos a sesión de EF para recibir a Finso, adestrador do clube Río Ulla de Pontecesures, que nos presentou este deporte e nos anima a practicalo no noso tempo de lecer.

Velaquí unhas imaxes de 5º de Primaria e 2º de ESO:

O venres volverán para presentar a actividade aos grupos de 1º ESO e 6º Primaria.

 Deixamos o contacto e animámosvos a que probedes. TODOS A PRACTICAR BALONCESTO!

BENVIDA AO ALUMNADO NOVO

O CPI de Dodro deu a benvida aos Novos alumnos chegados do CRA que xa deixaron a súa pegada no centro. Os máis pequechos mostraron moita disposición e ánimo para decorar a porta da aula coas formas das súas mans....coidamos que sí han deixar pegada no seu novo centro.

 

BENVIDOS!!!

 

FESTIVO LOCAL

O VINDEIRO LUNS DÍA 13 DE SETEMBRO O CENTRO PERMACERÁ PECHADO POR SER FESTIVO LOCAL.

Desculpen as molestias.

INICIO DAS CLASES

O alumnado de primaria inciciará as clases o día 9 de setembro de 2021 con horario de 9:00 a 14:20 e o de secundaria faráo nese mesmo horario o día 15 de setembro de 2021.

PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO POLA CONSELLERÍA

No enlace poden acceder ao protocolofacilitado aos centros educativos no mes de xullo pola Consellería de Educación:

PROTOCOLO COVID 6 XULLO

PROBAS DE SETEMBRO

Lembramos que o alumnado que se presenta aos exames de setembro deberá seguir as normas do protocolo COVID igual que o curso pasado ( distancia de seguridade, máscara en todo momento e hixiene de mans).

Tamén, este alumnado terá que entregar os libros de texto o día que se presente ao último exame ( nunha bolsa co seu nome e apelidos).

A avaliación celebrarase o venres día 3 de setembro e as notas serán enviadas por ABALAR o día 6 de setembro a partires das 12:00 horas. O periodo de reclamacións será os días 6, 7 e 8 de setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º,4º,5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o día 7 de xullo.

As reclamacións a estas listaxes poderán facelas os días 7,8 e 9 de xullo.  Nestas listaxes provisionais figura o nome do/a alumno/a que solicitou participar en dito fondo co número de libros que lle corresponden en empréstito.

Nas listaxes definitivas figurará, para  cada alumno/a, a relación de libros que se lle emprestará. IMPORTANTE: AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA O ALUMNADO DE ESO NON SERÁN PUBLICADAS ATA SETEMBRO.

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR:

Para comprobar se lles foi concedido o vale de material escolar, deberán achegarse ao centro e, no caso de telo adxudicado, poderán recollelo nese momento.

1º e 2º DE PRIMARIA:

As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria deberán pasar polo centro para comprobar se lles foron concedidos os vales de  material escolar e /ou de libros de texto e, , no caso de telo/s adxudicado/s, poderán recollelo/s nese momento.

 

 

PERSENSAMOS DODRO

O curso 20-21 foi un curso inusual. A celebración do día de portas abertas non puido ser levada a cabo por mor da pandemia co que elaboramos unha páxina web exclusiva para recoller o que teriamos presentado na nosa exposición se este tivera sido un ano "normal".

ENLACE Á WEB PROXECTO DE CENTRO

 

 

LIBROS DE TEXTO FINAL DE CURSO E ENVÍO DE NOTAS

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO:

Todo o alumnado que aprobe todas as materias en xuño deberá devolver os libros de texto de empréstito antes do día 22. Aquel alumnado de ESO que suspenda unha ou máis materias e teña que presentarse aos exames de setembro, non devolverá nengún libro en xuño. Deberá devolver o lote completo en setembro.
Os lotes de libros deberán ser entregados nunha bolsa /paquete que leve unha etiqueta na que figure o nome e apelidos e curso do alumno/a correspondente e cunha relación ( listaxe) de libros devoltos.
Tamén deberán ser devoltos  os libros e/ou materiais da biblioteca.

ENVÍO DE NOTAS:

As notas serán enviadas por Abalar o día 22 de xuño para primaria ( periodo de reclamacións 23, 24 e 25 de xuño) e o día 24 de xuño para secundaria ( periodo de reclamacións 25, 28 e 29 de xuño).
As familias recibirán o consello orientador ( daquel alumnado da ESO que aprobe todo en xuño) vía correo electrónico.

Powered by Drupal - Design by artinet