As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º,4º,5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o día 7 de xullo.
As reclamacións a estas listaxes poderán facelas os días 7,8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o nome do/a alumno/a que solicitou participar en dito fondo co número de libros que lle corresponden en empréstito.
Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno/a, a relación de libros que se lle emprestará. IMPORTANTE: AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA O ALUMNADO DE ESO NON SERÁN PUBLICADAS ATA SETEMBRO.
CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR:
Para comprobar se lles foi concedido o vale de material escolar, deberán achegarse ao centro e, no caso de telo adxudicado, poderán recollelo nese momento.
1º e 2º DE PRIMARIA:
As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria deberán pasar polo centro para comprobar se lles foron concedidos os vales de material escolar e /ou de libros de texto e, , no caso de telo/s adxudicado/s, poderán recollelo/s nese momento.