................XA TEN NOME: MIKI
MOITA SORTE MIKI!!: Esperamos que teñas unha vida longa e feliz!!!
................XA TEN NOME: MIKI
MOITA SORTE MIKI!!: Esperamos que teñas unha vida longa e feliz!!!
A nosa amiga apareceu no medio da estrada e corría o risco de ser atropelada por un coche así que decidimos acollela e realizar unha boa acción. Pasou a mañán no despacho de Orientación (atendida cariñosamente por Leticia, a nosa orientadora neste momento) e foi alimentada con xamón e biscoito. Tamén lle proporcionamos auga fresca e unha camiña na que durmir preto do radiador. Finalmente será acollida pola familia dunhas das nosas alumnas.
Estaremos ao tanto do nome que recibirá e de como crece.......
SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS!!!!!
Podedes ver máis fotos en "Plan Proxecta 2013-2014- Rede de Centros Escolares Solidarios"
Un ano máis participamos no Programa Rede de Centros Escolares Solidarios continuando a labor comezada o curso pasado polo que colaboraremos coa canceira municipal de Santiago de Compostela " O Refuxio de Bando", coa asociación ANDA (Asociación Nacional para la Defensa de los Animales) e a Coordinadora de Protectoras da Provincia de Pontevedra, recibindo charlas sobre maltarto animal (ás que as familias están convidadas e cuxas datas serán publicadas na nosa web) e recollendo obxectos de segunda man e manualidades feitas polos propios alumnos que serán vendidos polos voluntarios das canceiras en diferentes mercadiños solidarios coa idea de recadar cartos para o mantemento dos cans e gatos dos refuxios. Tamén colaboraremos recollendo obxectos e enseres vellos ( mantas, toallas, útiles caninos e "gatunos" como correas, pienso, comedeiros.....) e medicamentos que os encargados da canceira utilizarán para ofrecerlles unhas mellores condicións aos animaliños alí refuxiados.
No apartado de Plan Proxecta 2013-2014 tedes o listado de medicamentos de humanos que pode ser usado en animais.
GRAZAS POR SER SOLIDARIOS!!!
HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO E, COMA TODOS OS ANOS, DESFRUTAMOS DOS XOGOS TRADICIONAIS E A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E CHOURIZOS ASADOS.
Máis fotos na galería.....
Celebramos un Samaín "de medo" cunha historia arrepiante contada por Carlos, o noso profe de galego, e unha canción en inglés interpretada polos alumnos máis xóvenes do cole con José e Lois como acompañamento musical.
(A decoración correu a cargo dos alumnos de 4º de ESO PDC).
Accedendo á galería podedes ver máis fotos!
O seguimento da folga por parte do alumnado foi un éxito no noso centro. En Secundaria foi dun 90% e preto dun 75% en Primaria.
Noraboa a todos os pais e nais que loitan por un ensino público de calidade!!!
No departamento de Educación Plástica e Visual podedes ver os vídeos realizados polos alumnos do centro na área de Plástica. Esperamos que disfrutedes!!!.
XA PODEN CONSULTAR OS HORARIOS DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS E HORARIOS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN DE SECUNDARIA EN "XEFATURA DE ESTUDOS".
No enlace podedes acceder á micromovie realizada polos alumnos de 4º de ESO a finais do curso pasado. O proxecto levouse a cabo dentro do programa de Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta.
Esperamos que vos guste
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |