PLAN PROXECTA

Un ano máis  participamos no Programa Rede de Centros Escolares Solidarios continuando  a labor comezada o curso pasado polo que colaboraremos coa canceira municipal de Santiago de Compostela  " O Refuxio de Bando", coa asociación ANDA (Asociación Nacional para la Defensa de los Animales) e a Coordinadora de Protectoras da Provincia de Pontevedra,  recibindo charlas sobre maltarto animal (ás que as familias están convidadas e cuxas datas serán publicadas na nosa web) e recollendo obxectos de segunda man e manualidades feitas polos propios alumnos que serán vendidos polos voluntarios das canceiras en diferentes mercadiños solidarios coa idea de recadar cartos para o mantemento dos cans e gatos dos refuxios. Tamén colaboraremos recollendo obxectos e enseres vellos ( mantas, toallas, útiles caninos e "gatunos" como correas, pienso, comedeiros.....) e medicamentos que os encargados da canceira utilizarán para ofrecerlles unhas mellores condicións aos animaliños alí refuxiados.

No apartado de Plan Proxecta 2013-2014 tedes o listado de medicamentos de humanos que pode ser usado en animais.

GRAZAS POR SER SOLIDARIOS!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet