Volei

CALENDARIO COMPETICIÓN DE VOLEI

Aquí vos deixamos o calendario da competición de volei no que imos a participar no primeiro trimestre.

Animádevos todos/as a participar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para esta actividade.

FINAIS DE VOLEI

Xornada Final de Volei

O Mércores 3 de Decembro de 2014, tivemos a Xornada Final de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Os resultados finais foron moi satisfactorios para o noso cole:

  • 1º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Alevín Mixto.

Atoparedes máis información sobre a proba en: www.agrudebam.es

HORARIO FINAIS VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.

Finais Volei Curso 14-15

O mércores día 3 de Decembro,  terá lugar a  Xoranda Final da competición escolar de volei, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:10h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:45h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

II Xornada de Volei

II Xornada de Volei

O Mércores 26 de Novembro de 2014, tivemos a II Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei e clasificámos para as finais que terán lugar o vindeiro mércores día 3 de Decembro de 2014 como, podedes ver a continuación:

 

Podedes atopar máis fotos e videos da xornada en www.agrudebam.es

 

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 14-15

O mércores día 26 de Novembro,  terá lugar a 2ª Xorandada da competición escolar de volei, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:10h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:45h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

I Xornada de Volei

I Xornada de Volei

O mércores 19 de Novembro tivemos a I Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei como podedes ver a continuación:

   

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

 DEPORTE ESCOLAR.

Horario Volei Curso 14-15

Mércores 19 de Novembro

O mércores día 19 de Novembro, dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Campionato Escolar de Volei

Campionato Escolar de Volei

Pav Ceip Randufe

Mércores 19, 26 de Novembro e 3 de Decembro de 2014

O vindeiro mércores día 19 de Novembro dará comenzo a competición escolar de Volei, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán, o mércores día 19, 26 de  Nov e 3 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Pincha aquí para descargar a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o enlace a Federación Española de Voley, donde podedes investigar sobre este deporte: www.rfevb.com

 

"Elegidas para Triunfar"

 E como este ano vai a ser un ano de Deporte de Cine, aquí vos deixamos unha película de voleibol, que se tedes oportunidade de vela, é moi Interesante. Conta a historia de dous equipos feminino de voleibol, As Madonnas e as Phantoms, que son grandes rivais dentro e fora do campo de xogo. Cando un feito tráxico as obriga a unirse, terán que deixar a un lado todos os seus problemas e diferenzas para así acadar gañar o campionato, e ademáis facerse grandes amigas. Esta emocionate e intensa película mostranos a dous grupos de persoas aparentemente opostas, pero que acabarán por descubrir o muito que teñen en común.

 

 

 

Distribuir contido