Skip to Content

Excursión a Santiago de Compostela

O 30 de marzo, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria coñecimos un pouquiño máis a cidade de Santiago de Compostela. Visitamos o parque de bombeiros, paseamos pola zona vella e observamos todo o que se vendía na praza de abastos. Despois visitamos o Centro Galego de Arte Contemporáneo e merendamos todos xuntos no parque da alameda. Finalizamos a excursión na praza do Obradoiro. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos!

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Co gallo do día mundial da poesía, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis propuexemos o recitado dunha poesía titulada "O teu día a día é poesía", composta pola mestra Lourdes Castiñeira e que podedes ver na nosa canle de Youtube. Agardamos que teñades un feliz Día da Poesía. 

 

  

 

"O teu día a día é POESÍA"

 por Lourdes Castiñeira

 

O canto do galo quiquiriquí,

iso é poesía para min.

 

Os bicos da miña nai: mua, mua mua,

é poesía, vanme gustar.

 

Cando os paxariños,

cando salto, corro ou bailo, iso é poesía, se estou ao teu lado.

 

Os primeiros raios de luz

que entran pola ventá, o ruido do espertador 

que acaba de soar.

 

A voz que chama por ti

con ánimo e con alento,

a voz que di "te quero" 

a cada momento.

 

Todo o que tes ó teu redor:

o campo, as rúas, as xentes, 

o arrecendo da herba, o correr do río,

a maxia do aire que sentes.

 

As túas palabras, os teus xestos, 

as tarefas, os teus xogos, 

os descansos e os paseos, 

os fracasos e os teus logros. 

 

A hora de sentar á mesa

á merenda ou á cea, 

a hora na qua a lúa

acompaña as estrelas.

 

A noite que chega

porque xa se foi o día, 

o cansanzo que te leva, 

o mesmo sono é poesía

 

 

 

Instrución 2/2023 pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

Xuntas ! 8 M

DÍA DE ROSALÍA E CASTRO

Misión SALVAR A NATUREZA

   O 3 de marzo, coincidindo co DIA MUNDIAL DA NATUREZA, dende A Casa Grande de Xanceda, ofreceuse ao alumnado de primeiro a cuarto de Educación Primaria, unha actividade, ROSCO Ó RESCATE, na que se trataba de concienciar ao alumnado sobre o coidado e respeto da Natureza.

 

   

Día da Ilustración

   O Día da Ilustración, 30 de xaneiro, conmemora o nacemento de Castelao, e este ano, homenaxea á pintora galega María Antonia Dans. O alumnado do noso centro tivo a oportunidade de traballar sobre as obras desta pintora.

VACANTES ESTIMADAS 2023/2024

CURSO

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Ed. Inf.

 

25

 

5º Ed. Inf.

 

15

 

6º Ed. Inf.

 

11

 

1º Ed. Pri.

 

13

 

2º Ed. Pri.

 

2

 

3º Ed. Pri.

 

16

 

4º Ed. Pri.

 

4

 

5º Ed. Pri.

 

7

 

6º Ed. Pri.

 

13

ADMISIÓN 20223/2024

ADMISIÓN 20223/2024

A ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, establece os seguintes prazos:

-   Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo.

-     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

-     Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

-      Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Ademais da instancia, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II – bis). Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.

Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Horario de atención no centro educativo:

De luns a venres: 9:15 a 10:30 horas.

No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.

Solicitude de Admisión

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (CURSO 2023/2024)

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos que se atopan en ficheiros adxuntos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut