Skip to Content

EXCURSIÓN INFANTIL

o día 17 de xaneiro os nenos e as nenas de Educación Infantil foron de excursión ao acuario e a Torre de Hércules.

No seu blog podedes ver as fotos do ben que o pasaron!!

BLOG DE INFANTIL

 

 

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

ALMORZOS SAUDABLES

No día de hoxe o nutricionista do centro médico visitounos para dar un obradoiro sobre os almorzos saudables, debatimos en dúas sesións os alimentos que favorecían a nosa saúde e aqueles que debemos deixar para ocasións puntuais. Foi unha sesión moi interesante que puxemos en práctica ao día seguinte almorzando na escola.

 

 

FESTIVAL DEL NADAL (4ª parte)

CAPÍTULO 4.- UN RECORDO INESQUECIBLE

A medida que a música chegaba ao seu punto culminante, unha estrela fugaz cruzou o ceo, deixando un rastro billante. O público asombrouse mentres seguían cantando e bailando os nenos e nenas de 6º unha escolma de música e ditos galegos baixo o título "GALICIA INVÍTATE ESTE NADAL"

Cando a última nota soou, o ceo iluminouse con fogos artificiais que semellaban estrelas fuagaces. Era coma se as mesmas estrelas estivesen celebrando tamén a maxia da música esa noite especial. 

O Nadal en Galicia nunca voltaría a ser igual. Os nenos e as nenas de Curtis compartiran o agasallo das estrelas con toda a xente do pobo e esa noite convertiuse nun recordo inesquecible para todos. 

Dende entón, en cada Nadal, aquelas melodías interpretábanse en Curtis, lembrando que a maxia da música e do Nadal sempre estarían unidas nese lugar especial.

Deste xeito, a maxia do Nadal viviu no corazón da xente de Curtis, inspirándoos a compartir amor, amizade, música e ledicia en todos os tempos de Nadal futuros.

 

FESTIVAL DE NADAL (3ª parte)

CAPÍTULO 3.- A MAXIA DA MÚSICA

Agradecido pola interpretación o Apalpador desapareceu na neve, deixando ós habitantesde Curtis emocionados con aquel fermoso agasallo. O pobo estaba en evervescencia na tarde de Noiteboa. As casas estaban decoradas e soaba a canción "FOLERPIÑAS" interpretada polos nenos e as nenas de 4º. 

Cando chegou a noite a xente seguía emocionada, baixo un ceo estrelado os nenos e as nenas de 5º comezaron a interpretar a canción "FIGA" (de Tanxugueiras). A música fluía cunha beleza indescriptible. A medida que interpretaban a peza, algo máxico comezou a suceder. As luces das casas empezaron a parpadear ao ritmo da música, coma se as estrelas estivesen bailando. As árbores de Nadal parecían cobrar vida e todos se abrazaron na praza, sentindo una profunda alegría nos seus corazóns. 

A música dos nenos e das nenas encheu todo Curtis cunha maxia que só o Nadal en Galicia podía ofrecer. A xente cantou a melodía, creando un coro celestial que resoou en todo o pobo. 

 

FESTIVAL DE NADAL (2º parte)

CAPÍTULO 2.- O AGASALLO DAS ESTRELAS

Mentres as xentes de Curtis cantaban ao son da canción, unha suave neve comezou a caer. Os copos de neve parecían estrelas que descendían do ceo mentres os nenos e as nenas de Infantil interpretaban agora as cancións "MAKE A CIRCLE" e "APALPADOR" ( de Malvela).

De repente, unha figura misteriosa apareceu na distancia. Era un ancián apacible, barbudo e grandote; que levaba boina e vestía unha chaqueta colorida con pantalóns cheos de remendos. Non era outro que o Apalpador. Sorriu e achegouse ós nenos e ás nenas que sorprendidos deixaran de cantar. 

O Apalpador entregoulles dúas partituras douradas. Eran dúas pezas de música que nunca escoitaran antes e explicoulles que aqueles cantares tiñan o poder de traer alegría ao corazón de quen a escoitara; sempre e cando a interpretaran todo todo o seu corazón, o día de Noiteboa, baixo o ceo estrelado do inverno.  Os nenos e as nenas de primeiro e segundo, prometéronlle que así o farían e cantaron e bailaron as cancións "JINGLE BELL ROCK" e "OBLADÍ-OBLADÁ"

 

 

FESTIVAL DE NADAL (1ª parte)

O día 21 de decembro, para despedir o ano e darlle a benvida ó Nadal celebramos un festival no salón de usos múltiples do concello. Este ano as actuacións formaban parte dun fermoso conto que vos deixamos a continuación. Podedes ver as actuacións premendo no nome de cada unha delas. 

 

O NADAL MÁXICO EN GALICIA

CAPÍTULO 1.- UN COMEZO ESPECIAL

Era a véspera de Nadal e en Galicia as luces das casas e os abetos decorados brilaban en cada rincón. Nesta terra chea de tradición e misterio o Nadal tiña un encanto especial. 

No pequeno pobo de Curtis vivía unha rapaciña chamada Marta e un rapaciño chamado Lois. Estes dous nenos tiñan o don da música. Marta tocaba o piano e oviolín dende moi pequena e a Lois encantáballe cantar e bailar. A música fluía nos seus corpos e o seu talento era coñecido en todos os arredores. 

Esa noite, os nenos e as nenas de 3º do colexio de Curtis decidiron compartir a súa música cos habitantes do pobo. Prepararon as súas voces e os seus instrumentos e adornaron con luces navideñas a praza do pobo. O aire fresco de decembro encheuse coa melodía de "NAVIDAD"  (de Ozuna). Todas as persoas do pobo reuníronse na praza, conmovidos pola beleza da música. 

 

(sigue na entrada titulada "Festival de Nadal (II))

Visita de Papá Noel

O pasado 20 de decembro Papá Noel visitou as nosas aulas e encheunos de ilusión poder velo e falar con él!

Festival de Nadal

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado día 14 de decembro os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha excursión á cidade de A Coruña. 

Visitaron en primeiro lugar a Torre de Hércules e os seus arredores: a rosa dos ventos e o parque de menhires. Seguidamente desprazáronse ao museo de Belas Artes onde viron obras de diferentes tipos. Finalmente comeron e regresaron pola tarde. 

Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut