A ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado para a admisión do alumnado en centros públicos, establece os seguintes prazos:
- Presentación da solicitude de admisión: 1 - 21 marzo.
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
- Formalización da matrícula: 20 - 30 de xuño.
Ademais da instancia que poden solicitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.
No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.
Horario de atención:
- De luns a venres: 9:15 - 10:30 horas.
- Xoves: 13:10 - 14:00 horas.
No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.