O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Tendo en conta o proxecto de centro deste curso centrado en Galicia, fixemos unha investigación sobre as biografías de algunhas mulleres galegas que contribuíron cos seus logros ao deporte, as letras ou a música.
Podedes ver no arquivo adxunto que traballos tan bonitos nos quedaron.
Do 4 ao 8 de marzo celebramos a Semana da Prensa, con motivo de este evento aproveitamos para indagar nos medios de prensa escritos. A modo de resumo fixemos unha escolma das noticias que nos chamaron máis a atención e fixemos un mural no noso museo escolar.
Podedes velo no aquivo adxunto. Esperamos que vos guste.
O 15 de marzo, as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos A Coruña. Empezamos a nosa viaxe escoitando un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera. Despois paseamos polas rúas da cidade. Xogamos no parque dos xardíns Méndez Núñez e rematamos o día cunha visita guiada polo castelo de San Antón. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.
O día 18 de marzo os nenos e as nenas de primeiro e segundo realizaron unha excursión a "O enredo do abelleiro. O museo do mel.". Ali explicáronnos cal é a función das abellas na natureza, vistiamos as colmenas, vimos como se envasaba o mel e probamos diferentes tipos de mel. Máis tarde pasamos polo Mosteiro de Sobrado para dar un relaxante paseo polas inmediacións.
No seguinte vídeo podedes ver algunha foto de recordo.