Skip to Content

blogue deAna

Festival de Nadal

Estimadas familias: 

Unha vez reunida a Comisiòn de Coordinación Pedagóxica acordouse realizar o festival de Nadal o día 20 de decembro, o horario aproximado será de 12:00 a 14:00 horas. 

Nas próximas semanas achegaremos unha planificación exacta das actuacións e os horarios. 

MAGOSTO E SAMAÍN

Durante a última semana de outubro realizamos unha exposición de cabazas decoradas en relación co proxecto "Galicia somos nós" para conmemorar o Samaín.  Ficamos asombrados ano tras ano coa creatividade dos nenos e as nenas e as súas familias. Bo traballo!!

O mércores 31 realizouse o tradicional magosto no centro. Procedemos a queimar os medos, fixemos unha degustación de castañas asadas e para rematar disfrutamos dun circuito de xogos populares.

 

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos resumos que xa compartimos no Instagram do centro.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

MAGOSTO E XOGOS

 

Esperamos que vos guste.

 

DÍA DA BIBLIOTECA.

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas, para conmemoralo realizamos unha actividade de presentación na que cada curso explicou como traballará o proxecto do curso "Galicia somos nós".

Animámosvos a ver un vídeo resumo da actividade realizada na seguinte ligazón.

 

DÍA DA BIBLIOTECA

MAGOSTO/SAMAÍN

Queridas familias:

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Para iso precisamos a vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar "Galicia somos nós".

A entrega das cabazas farase entre o luns 28 e o martes 29 de outubro. O mércores 30 cada alumno/alumna levarán a súa cabaza de volta para a casa.

O mércores 30 de outubro celebrarase o magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda. Por suposto os nenos e as nenas poden vir disfrazados.

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

A continuación adxuntamos o calendario escolar do curso 2024-2025, faltan por engadir no mesmo os días solicitados polo centro xa que están pendentes de resposta pola administración educativa.

No caso de resultar concedidos serán o 4 de novembro e o 2 de maio.

PROXECTO TRANSPORTES. CONCURSO PROXECTOS

PROXECTO

EXCURSIÓN CASA DO PATRÓN

Os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria visitaron a Casa do Patrón, alí fixeron un roteiro polos arredores, un obradoiro de cerámica e visitaron as diferentes estancias de unha casa tradicional galega.

Visita á feira de Curtis

O pasado xoves, 23 de maio, fixemos unha visita á feira de Curtis. 

Alí coñecemos o logo da feira, no que aparecen de diferentes cores os produtos que nela se venden. 

Ademais fixemos un percorrido polos diferentes postos do mercado: produtos frescos (carne, froita, queixos, mel...), animais (cabalos, vacas e porcos), elaboracións artesás (madeira e metal) e plantas. 

Para rematar probamos os tradicionais churros da feira. Estaban riquísimos!!!!

Deixámosvos unhas fotos de recordo desta visita. 

Mércores 15. "ANIMALADAS2 (Teatro Calavera)

O mércores 15 disfrutamos da obra de teatro " Animaladas " foi unha sesión moi entretida na que tivemos que lidiar con animais de todo tipo coma auténticos exploradores.

Aquí deixamos unhas fotos a modo de resumo para que vexades que actividade tan intensa tivemos!

Martes 14. I FESTIVAL LETRAS SONORAS

O martes desta semana disfrutamos da primeira edición do festival "Letras Sonoras". Cada clase participou interpretando unha peza da nosa música tradicional. Sacamos unhas fotos de recordo para lembrarnos de esta actividade que tanto nos gustou.

Invitámosvos a que vexades nas fotos algúns momentos de estas actuacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut