Skip to Content

Outubro 2022

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Na resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na orde do 29 de abril de 2022, establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.

A partir do martes 18-10-2022 ata o 30-11-2022, as persoas solicitantes da primeira axuda ou as autorizadas debidamente, poden pasar polo centro educativo recollelos en horario de 9:00 a 10:30.

MAGOSTO

O venres 28 de outubro conmemoraremos no noso centro O Magosto. Para a súa celebración desenvolveranse diversos xogos populares nos que a castaña será a principal protagonista e, ademais, disfrutaremos dunha merenda conxunta contando coa colaboración da ANPA.

Ao coincidir coa conmemoración do Samaín, as nenas e nenos que o desexen poderán acodir ao centro disfrazados.

SAMAÍN

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas, para iso precisamos a colaboración de todas as familias. Animámosvos a decorar cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar "Os inventos".

A recollida das cabazas farase os días mércores 26, xoves 27 e venres 28 do presente mes. Será o venres cando cada alumna e alumno leve a súa cabaza de volta para casa.

DÍA DA BIBLIOTECA

Día da biblioteca

24 de outubro

   Celebramos o día da biblioteca e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto "INVENTOS".

 

 

 

Xuntos, cantamos unha canción, coa letra que compuxo Lourdes para a ocasión; facendo referencia ao proxecto

 

e despois, o magnífico tren de biscoito, homenaxe a este medio de transporte que tanto significado ten para a nosa localidade e que, sin dúbida ,é un gran invento, foi degustado por todos os presentes.

 

Desexámosvos a todos e todas,moi felices lecturas!

MENÚ MES DE NOVEMBRO

Celebramos o MAGOSTO

O pasado 28 de outubro os nenos e nenas celebraron o Magosto no CEIP de Curtis. 

Primeiro merendaron no patio degustando as castañas asadas cedidas pola AMPA. 

Despois divertíronse nun circuíto de xogos populares nos que a protagonista era a castaña, o froito de outono por excelencia. Repartidos en grupos formados por nenos e nenas de todas as idades foron pasando polas 10 estacións: quen perde a cadeira?, a ra, bailamos?, a culler, castaña na cabeza, a mariola, tenis de outono, a diana, o florón e a que sabe o outono.

Xa que coincidía co último día lectivo antes da celebración do Samaín algunhas persoas viñeron disfrazadas. 

Foi unha mañá moi divertida na que disfrutaron do outono xogando todos xuntos!!

 

 



by Dr. Radut