Skip to Content

Febreiro 2020

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE CIENCIAS: VERA EXPLICA A FOTOSÍNTESE

O día 30 de xaneiro, expuxen o traballo de naturais da fotosíntese.  Preparei un Power Point para amosarlles aos compañeiros/as . A verdade é que ao principio estaba moi nerviosa pero, a medida que o ía explicando, fun collendo confianza. Gustoume moito esta nova experiencia!

MENÚ MES DE FEBREIRO

Xornada de portas abertas. Departamento de orientación

 

 

PINCHADE AQUÍ PARA VER ALGUNHAS FOTOS-RESUME

Un rumbo , un destino ...Francia

Os alumnos de 6º  están traballando  Francia , para iso  contan con reportaxes , traballos , e lecturas  como O PRINCIPIÑO  de Saint- Exupéry  e  VEINTE MIL LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO de Julio Verne .

Escribiron unha obra de teatro para o festival de Nadal que levou por título  UNHA VIAXE DE LOCOS POLO MUNDO .Un auténtico  espectáculo !!!

Son locutores na nosa radio RADIOLA .Emitiron o día 13 de febreiro e o día 14 con motivo do día da Radio e con motivo do día de San Valentín respectivamente .

Agora están preparando para o desfile de entroido , no que irán de VOYAGE , VOYAGE como francesitos e francesitas .

Participan nas actividades programadas dende o departamento de Orientación : charla  de discapacidade , o día das bicis ...Todo isto para desenvolver as súas competencias .

 

Entroido

O 21 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

  

A radio é plural e diversa

Ola a tod@s , ola  a Radio Radiola ,a Radio da Escola.

Baixo  o lema " aprendemos todos e todas e , con todas " celebramos o día da Radio , o día 13 de febreiro.

Os alumnos  de 6º de Primaria  lémbrannos  dende a radio da escola o porqué  desta celebración.

Os alumnos  fixeron un percorrido pola historia  desta celebración.Rematan cun bonito poema no que se lembra que a radio como REPRESENTACIÓN, PLURALISMO  E DIVERSIDADE !!

Unha viaxe por Francia , a cidade do amor

Os alumnos de 6º de Primaria  o día 14 de febreiro , día do amor , regaláronnos unha viaxe por Francia .

A través das súas palabras viaxamos a lugares  preciosos como París , soubemos da gastronomía típica de Francia e como enriquecernos culturalmente  con museos  e construccións  únicas .

Non faltou a publicidade e os chistes  recurrindo a temática do proxecto : Francia .

Que mellor que este programa para dicir isto " aínda nos quedará París



by Dr. Radut