Skip to Content

Septembro 2021

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Convócanse ás familias do alumnado de cuarto de infantil que comeza este ano no colexio a unha reunión na biblioteca o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 13: 00 horas para informalos de determinados aspectos a ter en conta, entre eles como será o período de adaptación.

Prégase que só acuda un familiar por neno.

MENÚ MES DE SETEMBRO 2021

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PÓDESE CONSULTAR O MATERIAL PRECISO PARA CADA NIVEL EDUCATIVO DO CENTRO.

Reunión informativa

Estimadas familias:

Convidámolos a asistir a unha reunión informativa sobre aspectos comúns a todo o alumnado do centro e que gardan relación co funcionamento do mesmo.

Esta reunión celebrarase o próximo luns, 13 de setembro ás 16:15h. no patio cuberto .

Por mor da pandemia, rogamos respecten a distancia de seguridade e veñan provistos de máscara.

Disculpen as molestias xa que imos permanecer de pé, pero procuraremos ser o máis breves posibles.

 

Un saúdo.

A DIRECCIÓN.

namorARTE... NOVO PROXECTO PARA O CURSO 2021/22

 

Ao longo deste curso as alumnas e alumnos do CEIP de Curtis terán a oportunidade de afondar na arte a través das súas diferentes linguaxes e manifestacións a través do Proxecto Integrado a Nivel de Centro titulado "namorARTE". Levaremos a cabo actividades sobre o cine, a música, a pintura, a escultura, a literatura, a arquitectura, a danza ,...

 

CAMBIO HORARIO E DÍAS NON LECTIVOS.

 Durante os meses de setembro e xuño o horario escolar é o seguinte:

Entrada: 10:00 h.

Saída : 15:00 h.

Para o alumnado usuario de comedor:

Comedor: De 15:00 a 16:00 h.

 

Dende o 1 de outubro ata o 31 de maio , ambos inclusive, o horario do centro é o seguinte:

Entrada: 9:00 h.

Saída : 14:00 h.

Para o alumnado usuario de comedor:

Comedor: De 14:00 a 15:00 h.

 

 

AUTOENQUISA COVID

NO ARQUIVO ADXUNTO PÓDESE DESCARGAR A AUTOENQUISA COVID PARA REALIZAR TÓDOLOS DÍAS Á MAÑÁ, NA CASA. NON HAI QUE CUBRILA E ENVIALA NIN ENVIALA AO COLEXIO.

SERVIZO DE BIBLIOTECA

LÉMBRASE QUE A PARTIR DO DÍA 1 DE OUTUBRO ESTARÁ DISPOÑIBLE O SERVIZO DE BIBLIOTECA DE 15:00 A 17:00 DE MARTES A VENRES, PARA OS NENOS DE PRIMARIA. 

Deben avisar  os días que se quedan a través da axenda ou do que o titor/ora decida.



by Dr. Radut