Skip to Content

Maio 2020

AVALIACIÓN DE TAREFAS DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Estimadas familias:

Tendo en conta as instrucións da Consellería do 27 de abril, onde se nos indica que as actividades realizadas telemáticamente durante o período de suspensión das clases serán avaliables e, dado que non podemos asegurar a volta ao colexio antes do remate do curso escolar, é necesario que o alumnado envie as tarefas indicadas en cada materia. Se ten algunha dúbida, debe poñerse en contacto coa mestra correspondente.

É importante que saibades que, en ningún momento, tales actividades van a supoñer unha avaliación negativa, senón que se utilizará sempre para intentar mellorar as notas dos dous primeiros trimestres.

Tamén queremos informar que, nos vindeiros días, poñeremos a vosa disposición o documento guía que se nos esixe en tales instrucións, onde, entre outras cuestións, poderedes consultar os criterios de cualificación de cada materia.

LETRAS GALEGAS 2020

Fai un ano, por estas datas, estábamos cantando e bailando no patio do colexio con Paco Nogueiras, recordades? Pois decidimos escoller unha desas cancións para esta ocasión. As mestras quixemos representar dalgún modo o respecto e o orgullo que temos pola NOSA LINGUA e decidimos ABRIR DE NOVO A MALETA, facendo tamén unha pequena homenaxe ao autor que conmemoramos este ano, RICARDO CARVALHO CALERO.

Agardamos que vos guste e que comprobedes que EN GALEGO...MEU O MUNDO É !!!!

 Pinchade no enlace:

https://drive.google.com/open?id=14kcSIIx3DCyx7ljEfovIycQ209-ZM65f

Collage letras galegas

Boas de novo familias, hoxe asomo por aquí para poñer a college que fixo un dos nosos peques polo día das letras galegas. Quedou xenial!!!

Asi que animovos a que fagades algún máis para así encher a páxina web da clase de verbas bonitas no noso idioma. 

Un bico para todos. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

TEDES DISPOÑIBLE NOS FICHEIROS ADXUNTOS A ORDE DE CONVOCATORIA PARA AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL E UN RESUMO DE QUEN PODERÍA SOLICITALAS, DEPENDENDO DA RENDA.

FONDO LIBROS: 3º, 4º, 5º, 6º.

ADQUISICIÓN DE LIBROS: 1º E 2º DE PRIMARIA.

MATERIAL: TODOS OS NIVEIS DE PRIMARIA.

OS FORMULARIOS DE SOLICITUDE AÍNDA NON ESTÁN DISPOÑIBLES. NOS PRÓXIMOS DÍAS PODEREDES ATOPALOS  NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA OU NOS CENTROS EDUCATIVOS. ADEMAIS, COLGARÉMOLOS NESTA PÁXINA WEB PARA QUE POIDADES IMPRIMILOS E PRESENTALOS NO CENTRO EDUCATIVO.

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO.

 

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 

-     A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS.

-    DOCUMENTACIÓNNECESARIA: ANEXO I E ANEXO II DE SOLICITUDE, COPIA DO LIBRO DE FAMILIA, SENTENZA XUDICIAL OU CONVENIO REGULADOR EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE, SE FOSE O CASO.

-      COMO CALCULAR A RENDA: SUMANDO AS RENDAS DE CADA UN DOS MEMBROS COMPUTABLES DA FAMILIA DO ANO 2018 QUE TEÑAN INGRESOS  E  DIVIDIR ENTRE O NÚMERO DESTES.

Renda: RECADRO 432+ 460.

 

ATOPAREDES DOUS DOCUMENTOS ADXUNTOS PARA FACER A SOLICITUDE DE MATERIAL E LIBROS.

ADMISIÓN PROVISIONAL CURSO ESCOLAR 2020- 2021

NOS FICHEIROS ADXUNTOS PODEREDES CONSULTAR O ALUMNADO ADMITIDO PROVISIONALMENTE PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR , EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E EN 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Novas INSTRUCIONS

No ficheiro adxunto podedes consultar as novas instrucións da Consellería. 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Durante as últimas semanas estivestes enviando actividades ao profesorado regularmente para a súa supervisión. Lembrámosvos que comezaron a ser avaliables a partir do 20 de abril, xa que as orientacións da Consellería que así o dictaban se publicaron o 17 dese mesmo mes. Este vindeiro venres, 5 de xuño, deixarán de selo, dado que temos as reunións de avaliación os días 10 e 11 e precisamos eses días para a corrección. Ese mesmo día 5, será o último día permitido para recibir tarefas que estaban pendentes doutras semanas e tamén aquelas de recuperación de materias suspensas.

Aínda que deixen de contar para a avaliación, nas 2 seguintes semanas, ata o remate do curso escolar, as mestras seguirán colgando actividades na páxina web para que os nenos poidan traballar na casa.

No documento adxunto facilitamos un calendario para que coñezades acontecementos de interés das vindeiras semanas e  onde se indican aqueles días que un familiar poderá acudir ao centro a recoller aquel material que quedase pendente e as notas, así como devolver libros do fondo en 3º, 4º, 5º e 6º.

 

INSTRUCIÓNS PARA A  RECOLLIDA DE NOTAS  E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO.

1.- INFANTIL acudirá ás aulas de infantil. 1º, 5º E 6º de EP ENTRAN POLA PORTA DA ESQUERDA; 2º, 3º, 4º de EP ENTRAN POLA PORTA DA DEREITA.

2.- ACUDIRÁ UN SÓ FAMILIAR POR CADA ALUMNO/A.

3.- DEBEN USAR MÁSCARAS E LUVAS.

4.- DEBEN GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

5.- NON PODEN UTILIZAR NINGUNHA OUTRA DEPENDENCIA DO CENTRO QUE NON SEXA A AULA DOS SEUS FILLOS/AS.

6.- OS LIBROS DO FONDO DEBEN IR EN BOLSAS CO NOME DO NENO POR FÓRA.



by Dr. Radut