Skip to Content

Un conto, unha maleta

Día Internacional da Muller

O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.

 

 

Emisión 4ºEP

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  Dádelle ao play para escoitarnos.
 

Entroido

O 21 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

  

Unha viaxe por Francia , a cidade do amor

Os alumnos de 6º de Primaria  o día 14 de febreiro , día do amor , regaláronnos unha viaxe por Francia .

A través das súas palabras viaxamos a lugares  preciosos como París , soubemos da gastronomía típica de Francia e como enriquecernos culturalmente  con museos  e construccións  únicas .

Non faltou a publicidade e os chistes  recurrindo a temática do proxecto : Francia .

Que mellor que este programa para dicir isto " aínda nos quedará París

A radio é plural e diversa

Ola a tod@s , ola  a Radio Radiola ,a Radio da Escola.

Baixo  o lema " aprendemos todos e todas e , con todas " celebramos o día da Radio , o día 13 de febreiro.

Os alumnos  de 6º de Primaria  lémbrannos  dende a radio da escola o porqué  desta celebración.

Os alumnos  fixeron un percorrido pola historia  desta celebración.Rematan cun bonito poema no que se lembra que a radio como REPRESENTACIÓN, PLURALISMO  E DIVERSIDADE !!

VISITA DE "LABORATORIO DE RADIO"

Hoxe, 27 de xaneiro, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutaron da primeira sesión da formación radiofónica da man de Lucía Abarrategui e de Sergio Pascual de "LABORATORIO DE RADIO" que  nos amosaron como a radio é unha ferramenta perfecta para traballar as habilidades comunicativas e a educación en valores ao tempo que se abordan contidos curriculares dun xeito diferente.

 

Festival Nadal 2019

Aquí vos deixamos o vídeo do Festival de Nadal 2019 do CEIP de Curtis. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano quixemos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade proxectando na Biblioteca para todo o noso alumnado o corto titulado "Cuerdas", unha conmovedora historias na que María e Nicolás cruzan as súas vidas falándonos de inclusión, respeto, amor e vocación.

 

DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA

"DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA"

O pasado 25 de novembro conmemoramos o día da erradicación da violencia contra a muller. O noso lema de traballo para ese día foi "Dálle pasaporte á violencia". Para iso, cada grupo de clase buscou unha palabra ou frase sobre o tema. Algunhas desas palabras ou frases foron: "Pensa, contrólate, detente. A vida non é un xogo", "Para vivir en paz e harmonía, respectémonos", "Non fales de malas formas. Non insultes xamais. Non queremos a violencia", "A violencia non é un xogo: non xogues con ela! ou "Ser mais tolerantes. Ter respeto polas persoas e as súas opinións".

Ese día rematamos a xornada cantando todos a canción de Amaral: "Salir corriendo".

 

No CEIP de Curtis celebramos o magosto!

Durante os días pasados, alumnos e familias afanáronse por adornar as súas cabazas con detalles relacionados co tema do proxecto de centro deste curso: Un conto, unha maleta. Así, cada grupo de alumnos de nivel mostrou representacións dos respectivos países a coñecer. Velaquí as mostras do seu traballo. 

Así mesmo, o mércores 30 de outubro, festexamos o magosto con dous acontecementos moi proveitosos.

Por un lado, degustamos o asado de castañas, todos xuntos, grandes e pequenos, grazas ao castañeiro que nos acompañou neste día.  

 Por outro ladodesfixémonos dos pesares e das teimas que días antes botáramos á gran caixa dos medos. E, como se dun ritual se tratase, queimámolo todo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut