O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión. Dádelle ao play para escoitarnos.