Skip to Content

Celebracións

MAGOSTO/SAMAÍN

Queridas familias:

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Para iso precisamos a vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar "Galicia somos nós".

A entrega das cabazas farase entre o luns 28 e o martes 29 de outubro. O mércores 30 cada alumno/alumna levarán a súa cabaza de volta para a casa.

O mércores 30 de outubro celebrarase o magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda. Por suposto os nenos e as nenas poden vir disfrazados.

II Correlingua do CEIP de Curtis

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Co gallo do día mundial da poesía, dende a Biblioteca do Ceip de Curtis propuexemos o recitado dunha poesía titulada "O teu día a día é poesía", composta pola mestra Lourdes Castiñeira e que podedes ver na nosa canle de Youtube. Agardamos que teñades un feliz Día da Poesía. 

 

  

 

"O teu día a día é POESÍA"

 por Lourdes Castiñeira

 

O canto do galo quiquiriquí,

iso é poesía para min.

 

Os bicos da miña nai: mua, mua mua,

é poesía, vanme gustar.

 

Cando os paxariños,

cando salto, corro ou bailo, iso é poesía, se estou ao teu lado.

 

Os primeiros raios de luz

que entran pola ventá, o ruido do espertador 

que acaba de soar.

 

A voz que chama por ti

con ánimo e con alento,

a voz que di "te quero" 

a cada momento.

 

Todo o que tes ó teu redor:

o campo, as rúas, as xentes, 

o arrecendo da herba, o correr do río,

a maxia do aire que sentes.

 

As túas palabras, os teus xestos, 

as tarefas, os teus xogos, 

os descansos e os paseos, 

os fracasos e os teus logros. 

 

A hora de sentar á mesa

á merenda ou á cea, 

a hora na qua a lúa

acompaña as estrelas.

 

A noite que chega

porque xa se foi o día, 

o cansanzo que te leva, 

o mesmo sono é poesía

 

 

 

Xuntas ! 8 M

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

Se un bo entroido queres pasar, ata o cole de Curtis debes chegar.

 

AS COMANDAS DO MECO

XA PODEDES CONSULTAR OS MANDADOS DO MECO PARA OS DÍAS 13, 14, 15 E 16  DE FEBREIRO. ANIMÁDEVOS!

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro no CEIP de Curtis celebramos o día da paz. 

Para esta conmemoración realizamos entre todos os cursos un mural representando barquiños acudindo a Ucrania a levar palabras amables de paz. 

Ademais cantamos todos xuntos no patio a canción PAZ PARA VIVIR, de María Vasán. 

Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!

 

 

Celebracións do mes de novembro

Neste mes de novembro os nenos e as nenas do CEIP de Curtis conmemoraron 2 días importantes realizando sendos murais. 

-20 de novembro: Día universal dos dereitos dos nenos e as nenas. 

-25 de novembro:Día internacional para a eliminación da violencia de xénero. 

Celebramos o MAGOSTO

O pasado 28 de outubro os nenos e nenas celebraron o Magosto no CEIP de Curtis. 

Primeiro merendaron no patio degustando as castañas asadas cedidas pola AMPA. 

Despois divertíronse nun circuíto de xogos populares nos que a protagonista era a castaña, o froito de outono por excelencia. Repartidos en grupos formados por nenos e nenas de todas as idades foron pasando polas 10 estacións: quen perde a cadeira?, a ra, bailamos?, a culler, castaña na cabeza, a mariola, tenis de outono, a diana, o florón e a que sabe o outono.

Xa que coincidía co último día lectivo antes da celebración do Samaín algunhas persoas viñeron disfrazadas. 

Foi unha mañá moi divertida na que disfrutaron do outono xogando todos xuntos!!

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

Día da biblioteca

24 de outubro

   Celebramos o día da biblioteca e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto "INVENTOS".

 

 

 

Xuntos, cantamos unha canción, coa letra que compuxo Lourdes para a ocasión; facendo referencia ao proxecto

 

e despois, o magnífico tren de biscoito, homenaxe a este medio de transporte que tanto significado ten para a nosa localidade e que, sin dúbida ,é un gran invento, foi degustado por todos os presentes.

 

Desexámosvos a todos e todas,moi felices lecturas!

Distribuir contido


by Dr. Radut