O pasado 23 de novembro commemoramos o día internacional contra a vilolencia de xénero. Por un lado, o grupo de alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria tiveron unha sesión sobre a igualdade de xénero, ofrecida por monitoras do Concello de Curtis, ás que agradecemos a súa colaboura co noso colexio.
Por outro lado, todo o alumnado e profesorado participou dun acto de homenaxe ás mulleres víctimas de violencia machista mediante un acto de lectura de nomes de mulleres falecidas, así como da interpretación da canción " LA PUERTA VIOLETA" de Rozalén.
O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: comemos castañas e o alumnado de sexto curso de Educación Primaria encargouse de amenizar a xornada con xogos tradicionais, os cales tiñan como protagonista a castaña.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.