Skip to Content

Abril 2023

MENÚ MES DE ABRIL 2023

Contacontos en inglés

   O pasado 29 de marzo, o alumnado do centro, disfrutou da actuación da compañía Face2Face, teatro interactivo en inglés, que ofreceu duas sesión de contos interactivos, a primeira dirixida ao alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria, SNOWBALL (unha nena esquimal e o seu cachorro de oso polar son os protagonistas dunha aventura no Ártico), e a segunda sesión para o alumnado do segundo e terceiro ciclo de educación primaria, ABRACADABRA (Harriet, unha meiga á que no se lle da ben a maxia, é a protagonista desta historia).

   O custe económico desta actividade foi asumido pola APA do colexio, que abonou o 100% da cuantía.

Admisión de alumnado para o cuso 2023/2024. Listaxe provisional de admitidos

Tendo en conta a Lei de Protección de Datos, a listaxe de admitidos atópase na secretaría do centro.

Infórmase de que todas as solicitudes obteñen praza.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio. O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Saída a Santiago de Compostela

   O martes 11 de abril, o alumnado de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria visitou a cidade de Santiago. 

   Disfrutaron dun percorrido guiado polos arredores da Catedral, coñecendo así parte da súa historia ; unha parada na libraría Couceiro, onde pudieron botar unha ollada a libros do seu interese e descubrir como se restauran libros antigos e, por último, acudiron ao Mercado de Abastos para coñecer a variedade de productos que alí se poden atopar ao facer unha parada en diferentes postos.

Contacontos

   O alumnado de Educación Infantil puido disfrutar, este luns, dunha divertida sesión cun contacontos, gracias á editorial ANAYA. 

Visita a Santiago de Compostela

   O día 13 de Abril de 2023, o alumnado de Educación Infantil, visitou a cidade de Santiago de Compostela, para asistir no Auditorio Afundación Abanca ao espectáculo "FEO" (Caramuxo Teatro), inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen.

   Podedes atopar máis información sobre esta saída no blog de infantil.

MENÚ MES DE MAIO 2023

Excursión a Santiago de Compostela

O 30 de marzo, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria coñecimos un pouquiño máis a cidade de Santiago de Compostela. Visitamos o parque de bombeiros, paseamos pola zona vella e observamos todo o que se vendía na praza de abastos. Despois visitamos o Centro Galego de Arte Contemporáneo e merendamos todos xuntos no parque da alameda. Finalizamos a excursión na praza do Obradoiro. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos!



by Dr. Radut