Skip to Content

Septembro 2019

Membros

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 

NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

TICS

 

 

BIBLIOTECA

 

 

Comezamos en 3, 2, 1...xa!

Ola a todas e todos!

Comezamos o novo curso 2019-2020.

Vimos con moitas ganas de emprender unha nova andaina; por iso, este ano viaxaremos polo mundo a través do noso Proxecto de Centro “Un conto, unha maleta”.

Comezamos!


BECAS PARA ALUMNADO NEAE

Dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional, convocáronse axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2019-2020.

O prazo remata o 29 de setembro.

Para máis información pinchade aquí.

Chegou o outono!

Dende que o 23 de setembro comezou o outono, no Cole tamén nos poñemos a vivir o ambiente que nos deixa: caída de follas, paisaxe chea de  cores douradas, ocres e castañas de toda variedade .... Vaia colorido, sabor  e arume! 

E ademais, este outono vivímolo a través dos países do noso Proxecto.

 

PRESENTACION NOVO CURSO DE QUINTO

Benvida ao novo curso

No curso  2019-2020 hai quince rapaces en quinto: Andríán, Vera, Hugo, Antía, Samuel, Lucas, Damián, Verónica, Dani, Paula, Alba, Darío, Víctor, Mihai e Lucía. Estes e xunto coa súa titora Mamen, traballan co tema “Un conto, unha maleta” tendo a clase ambientada de Exipto. Un tema fascinante con momias, pirámides, antiguos edificios e misteriosos xeroglíficos en medio. Considero que será un curso emocionante e agardo que resolvamos algún de esos inexplicables misterios.

                                                                     Vera                                             



by Dr. Radut