Skip to Content

Outubro 2019

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Reunión inicio de curso

Estimadas familias, convocamos as reunións de inicio de curso por niveis do seguinte xeito:

  • Luns, 7 de outubro: Educación Infantil, ás 17:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 1º e 2º de Educación Primaria, ás 15:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 3º e 4º de Educación Primaria, ás 16:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 5º e 6º de Educación Primaria, ás 17:00 horas.

Biblioteca

 

 

AUTORIZACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VAI SO PARA A CASA (5º E 6º EP)

Achégase o modelo, AUTORIZACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VAI SO PARA A CASA (5º E 6º DE PRIMARIA). Éste serve para que o alumnado poida ir so para súa casa, sen que ninguén o veña recoller nin utilice o servicio de transporte escolar. 

AUTORIZACIÓN PARA O USO DA IMAXE

O seguinte modelo, AUTORIZACIÓN PARA O USO DA IMAXE, serve para poder utilizar a imaxe do alumnado durante as actividades escolares e complementarias, con fins educativos para publicar nos diferentes formatos (revista, web, blogs, videos de youtube, traballos de clase...).

Autorización para recollida de alumnado

O seguinte modelo, AUTORIZACIÓN PARA RECOLLIDA DE ALUMNADO, serve para detallar que persoas están autorizadas a recoller ó alumnado no centro educativo. 

AUSENCIAS DO CENTRO

Achégase o modelo, AUTORIZACIÓN AUSENCIAS DO CENTRO, para notificar no centro o día e/ou franxa horaria do periodo escolar na que o alumnado se ten que ausentar. 

Inauguramos a biblioteca!

No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.

Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.

Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?

 

A toupiña que quería saber quen lle fixera alquilo na cabeza

As nenas e nenos de Educación Infantil asistimos a unha representación teatral o luns 14 de outubro. Acudimos ao Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. Que ben o pasamos vendo “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza”, a cargo da compañía Galicreques.

 

Excursión 4º, 5º e 6ºEP

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria, asistimos ao MUPEGA e a unha obra de teatro no auditorio A BANCA, en Santiago de Compostela, o pasado 29 de outubro.

 No MUPEGA puidemos coñecer a historia do ensino en Galicia dende o século XIX e poñer en valor o patrimonio educativo dos galegos e as galegas.

No auditorio ABANCA, gozamos dun espectáculo novidoso que pretende explicarnos as consecuencias negativas que pode ter conectarse a páxinas de internet das que descoñecemos o que pretenden. Desta maneira as personaxes interpretaban a situación dun adolescente que se introduce no mundo virtual das apostas, deixa as mensaxes de WhatsApp abertas e máis problemas que lle complican a súa vida cotiá.



by Dr. Radut