Dende o CEIP de Curtis considérase que os alumnos deben saír andar , pasear , coñecer o que teñen no seu entorno .
Con motivo da chegada da primavera e estando a piques de comezar as vacacións de Pascua , organizouse unha saída polo pobo durante os día 24 e 25 de marzo . Unha saída por grupos e con sorpresa .
Os alumnos sairán por cursos e en horarios distintos en busca dos "tesouros de Pascua " que estarán distribuidos polo pobo de Curtis : na Carballeira , na feira e na estación .
Chamamos " tesouros de Pascua " os ovos de Pascua que , dende a Asociación de Comerciantes de Curtis fixeron chegar ao colexio para participar coa comunidade educativa nesta actividade .
As mestras encargaranse de agochar os " tesouros" nos lugares anteriormente citados .
Os alumnos de Infantil , 1º e 2º de Primaria sairán con rumbo á Carballeira coa súas titoras respectivas , en horarios diferentes , o mércores 24 de marzo ; os alumnos de 3º e 4º irán con dirección á feira o xoves 25 e os de 5º e 6º tomarán o camiño cara a estación tamén o xoves 25 de marzo .
O obxectivo desta actividade é que o alumnado saiba valorar o que ten ó seu redor , o sitio no que vive e que disfrute co seu , porque o que ten preto é o maior tesouro .