Ola familias e compañeir@s! Cada día, na aula de 5º nivel de Educación Primaria aprendemos a traballar do mellor xeito posible, sempre que as condicións nolo permitan, porque iso si, cada día hai algo novo ao que enfrontarse .
Traballamos sempre coa ansia de mellorar contidos pero sobre todo mellorar as nosas actitudes. O colexo non so é transmisión de coñecementos senón tamén de valores .
É moi satisfactorio cando o esforzo dá o seu resultado .
Nós traballamos para APRENDER A CONVIVIR .
A semana pasada houbo unhas xornadas de portas abertas , nas que tivemos a oportunidade de asistir a unha charla coa garda civil , tamén unha actividade relacionada con STOP ACCIDENTE e mesmo practicamos PRIMEIROS AUXILIOS con dous membros da CRUZ VERMELLA . Todo isto é aprendizaxe . Que interesante sería ter estas actividades como unha asignatura máis.