Fai dous anos comezou unha pandemia que nos trouxo sensacións que nunca antes vivíramos. Agora que todo parece que está a rematar, queremos compartir con vós os nosos mellores desexos!
Dentro da programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS visitounos a toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos empregando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que teñen as preguntas para que o coñecemento avance.
Co gallo da celebración das Letras Galegas e en relación ao noso proxecto namor-ARTE, tivo lugar no noso centro un concerto dos mestres da escola de música que abrirá as súas portas no vindeiro curso no concello de Curtis.
Colle un dispositivo electrónico, le os seguintes códigos QR e goza do traballo de 6º de Educación Primaria. Poderás escoitar a canción que eles crearon, a coreografía que inventaron e o seu resultado final.
Colle un dispositivo electrónico, le os seguintes códigos QR e goza do traballo de 5º de Educación Primaria. Poderás escoitar a canción que eles crearon, a coreografía que inventaron e o seu resultado final.