Neste tempo, de estado de alarma polo COVID-19, temos que facernos máis fortes e apreciar aquelo que nos fai feliz e está ao noso carón.
Nestes días estaredes cansos de recibir información das redes sociais e medios de comunicación. Cada mestre proporciónavos tarefas escolares e lúdicas, así como recomendacións para pasar estos días.
Dende o Departamento de orientación, poñémonos á vosa disposición para compartir, escoitar, orientar...naqueles temas que precisedes, acompañándovos en todo momento. Para elo, creouse unha conta de correo: marta.loes.do@gmail.com.
Por outro lado, gustaríanos compartir con vós, información de acompañamento á comunidade educativa que nos chega dende o Equipo de Orientación Específico de A Coruña. Podedes atopar, entre outra información:
-
Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica.
-
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
-
Consejo Genenal de la Psicología. España.
-
Servicio Psicología Aplicada. UNED.
-
-
Ademais, no blogue do DO tedes acceso aos correos de dúas psicólogas que nos acompañaron nestes anos con charlas para familias nos distintos centros que atende este departamento.
-
As entidades locais tamén pódenvos axudar: CIM, servizos sociais, psicóloga e educadora familiar.
Por último, o DO quere lembrarvos unha serie de pautas sinxelas para facer levadeiros estes días e non esquecer seguir unha vida saudable.
-
É favorable manter as rutinas e seguir os consellos facilitados polos/as vosos/as mestres/as.
-
Recoméndase dirixir as horas da mañá a tarefas escolares que requiran concentración.
-
Deberíamos vestirnos e asearnos como se fósemos á escola porque nos activa máis que pasar o día completo co pixama (pensade que esa prenda utilizámola para descansar e estaríamos máis perezosos).
-
É importante non perder o hábito de estudio, traballo e lectura nestes días. Estudiar require practicar, esquematizar, memorizar, ler e contrastar, comprender. Todo esto podédelo facer de forma oral, escrita, manipulativa, lúdica, con cancións, con bailes...
-
É un bo momento (sempre que as condicións persoais e laborais o permitan) para pasar tempo xuntos, coñecernos aínda máis, xogar (xogos de mesa, adiviñas, memoria, grupais...), manualidades. É un tempo onde a imaxinación e a creatividade fará que estemos activos e motivados.
-
Non esquezades os xogos dinámicos, deportes(quen poida), bailes, cantos, karaokes, tocar instrumentos (ou calquer obxecto da casa ou fabricado por vós), tanto seguidos por redes sociais como creados por vós, son a mellor maneira de pasalo ben e manter a mente activa.
-
Axudar nas tarefas do fogar tamén é parte da aprendizaxe da vida e traballa moitas competencias (por exemplo, cociñar).
-
As manifestacións artísticas, tanto con debuxos, bailes, pintura de man, pés, con esponxa, con pincel, con diversos materiais, tamén nos mantén activos e podedes colocalas en lugares visibles. Serán unha boa lembranza deste periodo de tempo que nos tocou pasar.
-
Non esquezades a lectura, individual, en familia ou a modo de contacontos.
-
Actuar na casa ca maior naturalidade posible.
-
Seguir hábitos saudables cos videoxogos, tablets... utilizar un tempo limitado, acompañado, e a posteriori (reforzo positivo) dunha tarefa planificada con anterioridade. (No blogue do DO colgarase un tríptico sobre hábitos saudables coa TV, redes sociais, internet).
-
Lembrade seguir as recomendacións de hábitos saudables: 5 comidas ao día, seguindo a pirámide dos alimentos e beber moita auga.
No blogue do DO atoparedes información que pode ser do voso interese.
Moito ánimo e pronto volveremos a vernos.