Skip to Content

Marzo 2019

MENÚ MARZO

 

Para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto.

Saímos para convivir

 Estamos preparando a saída  a Santiago, do próximo venres  día 15 de marzo ,  para visitar  a Xunta de Galicia , o Parlamento de Galicia  e o Museo do Pobo Galego .

 Nesta visita  coñeceremos  dúas  das institucións políticas de Galicia  e tamén conviviremos  cos alumnos de 5º de Primaria do Ceip de 

 Vite de Santiago de Compostela . Con estes  rapaces  comeremos  no parque de Bonaval, se o tempo nos acompaña .  

 Manterémosvos informad@s  nos vindeiros días de como foi esta actividade .

 Esperamos  que esteades aí !

 

 

ENTROIDO

O pasado 1 de marzo os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

 

ENTREVISTA Á MESTRA AIXA

Ola de novo! Nesta ocasión publicamos unha fabulosa entrevista que Nerea de quinto lle realizou a Aixa Vázquez Dopazo, mestra especialista en audición en linguaxe, itinerante nos colexios de Curtis e Teixeiro. Agardamos que sexa do voso interese.

ORATORIA NO PARLAMENTO

Os alumnos e alumnas de sexto pensamos que sería interesante amosarvos algo da nosa visita ao Parlamento Galego, o día 15 de marzo. Consideramos que é fundamental no ano da convivencia escolar, xa que se supón que neste lugar conviven a diario persoas con moi diferentes ideas e opinións, debatindo e dialogando sobre como mellorar a nosa comunidade autónoma. Amosamos como Nicolás e Teresa subiron ao estrado a facer propostas moi interesantes.

CONTINUAMOS ENTREVISTANDO, QUEREMOS SABER....

Nesta entrega de AO TEU CARÓN, coñeceremos a vida laboral e vivencias dun gandeiro que entrevista Miguel de 5º e María e Gabriel farán o mesmo coas cociñeiras do noso centro: Conchi e TRINI.  Agardamos que disfrutedes!




by Dr. Radut