Os alumnos e alumnas de sexto pensamos que sería interesante amosarvos algo da nosa visita ao Parlamento Galego, o día 15 de marzo. Consideramos que é fundamental no ano da convivencia escolar, xa que se supón que neste lugar conviven a diario persoas con moi diferentes ideas e opinións, debatindo e dialogando sobre como mellorar a nosa comunidade autónoma. Amosamos como Nicolás e Teresa subiron ao estrado a facer propostas moi interesantes.