Skip to Content

Xuño 2021

MATRÍCULA 21- 22

O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021- 2022 É DO 20 AO 30 DE XUÑO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE. Agradecemos que se pode ser, se acuda ao centro a partir do 23 deste mes, en horario de 10 a 13 h, xa que as clases terán rematado.

PODEDES IMPRIMIR OS FICHEIROS ADXUNTOS, CUBRILOS E ENTREGALOS NO CENTRO OU RECOLLELOS DIRECTAMENTE NO COLEXIO.

UN DELES ESPECIFICA A DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR E UN RECADRO  A CUMPLIMENTAR DE TELÉFONOS DE CONTACTO.

AS TRES RESTANTES TEÑEN QUE SER CUBERTOS POR TÓDALAS FAMILIAS: autorización ou non da imaxe, ensino ou non de relixión e impreso de matrícula.

RECORDADE QUE A SOLICITUDE TEN QUE ESTAR ASINADA POR AMBOS PROXENITORES.

 

PRAZOS PARA FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL.

 

PRAZOS PARA FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL.

ATA O 22 DE XUÑO: ENTREGAR OU ENVIAR SOLICITUDES

28 XUÑO: PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL.

DO 29 AO 2 DE XULLO: RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL.

6 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA.

 ENTREGA DE VALES:  8 E 9 DE XULLO.

ENTREGA DO FONDO DE LIBROS: 9 DE SETEMBRO.

(O centro resérvase o dereito a cambiar as datas por posibles problemas derivados do uso da aplicación informática, do cal as familias serán oportunamente informadas).

 

CHEGAMOS BEN ...E ESTAMOS CONTIGO

As nenas e nenos de 2ºEP presentan...

As nenas e nenos de 2ºEP presentamos a vida e obra de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste. Con este vídeo desexámosvos bo verán! 

 

 

BOAS RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Chega o  verán ,  os días son  longos e necesitamos estar entretidos .

Temos que  ter actividade  porque é moi bo para a saúde .

Gustaríame facevos  algunhas recomendacións :

- Durmir ben 

- Facer exercicio , ben paseando , correndo , nadando  , xogando ...

- Ler   un  ou varios libros interesantes , ou mesmo novas  do xornal , curiosidades ...

- Escribir as   sensacións  ou sentimentos diarios 

- Ver algunha  película  en familia

- Facer tarefas  na casa , colaborando  coa familia 

Parecen moitas cousas  pero  , se un se acostuma  , é todo unha rutina .

O que si quero  é que , por enriba de todo  SEXADES FELICES .

MOI BO  VERÁN  PARA TOD@S

LIBROS 2021- 2022

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR OS LIBROS DO VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021- 2022.

PERÍODO ADAPTACION 4º E. INFANTIL

Para aquelas familias que teñen fillos que comezan o vindeiro setembro en cuarto de E. Infantil, informamos que o período de adaptación extenderase do 9 ao 21 de setembro, acorde a orde de calendario escolar. As condicións en que se levará a cabo serán especificadas en setembro por este medio, cando se incorpore a mestra correspondente, así como a nova orientadora.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

O PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR É DO 1 AO 9 DE XULLO, AMBOS INCLUSIVE. PÓDESE DESCARGAR O MODELO DE AUTODECLARACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO OU SOLICITALO NO COLEXIO.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR.

 

Teñan en conta que para cubrir o modelo de autodeclaración a renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020.

Polo tanto faranse as seguintes operación coa declaración do IRPF.

 

Casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

 

O concepto  de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR

 

1.- No caso de matrimonio:

 

A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e se os houber:

 

 a).- Os fillos mennores, con excepción dos que, co consentimiento dos país vivan independientemente destes.

  b).- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  c).- Hai que ter en conta que a mayoría de idade acádase ao cumplir 18 anos.

 

 

 

 

En ausencia de matrimonio:

 

A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

 

Polo tanto, calquera outra agrupación familiar, distinta das anterirores, non constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á  situación existente o dia 31 de decembro de cada ano.

 

Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados.

O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.

 

FONDO LIBROS

O VINDEIRO LUNS COLGAREMOS AS LISTAS DE ADMISIÓN DEFINITIVAS PARA AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL, ASÍ COMO OS BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS. ADEMAIS, HABERÁ UNHA LISTAXE DAQUELES NENOS QUE TEÑEN QUE MERCAR LIBROS , POR ESTAR EXCLUÍDOS DO PRÉSTAMO 



by Dr. Radut