O PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR É DO 1 AO 9 DE XULLO, AMBOS INCLUSIVE. PÓDESE DESCARGAR O MODELO DE AUTODECLARACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO OU SOLICITALO NO COLEXIO.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR.
Teñan en conta que para cubrir o modelo de autodeclaración a renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020.
Polo tanto faranse as seguintes operación coa declaración do IRPF.
Casiña 435 + casiña 460 – casiña 595
O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.
O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR
1.- No caso de matrimonio:
A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e se os houber:
a).- Os fillos mennores, con excepción dos que, co consentimiento dos país vivan independientemente destes.
b).- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
c).- Hai que ter en conta que a mayoría de idade acádase ao cumplir 18 anos.
En ausencia de matrimonio:
A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.
Polo tanto, calquera outra agrupación familiar, distinta das anterirores, non constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.
O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o dia 31 de decembro de cada ano.
Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados.
O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO AUTODECLARACION 21- 22.pdf | 1.17 MB |