Estamos preparando a saída a Santiago, do próximo venres día 15 de marzo , para visitar a Xunta de Galicia , o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego .
Nesta visita coñeceremos dúas das institucións políticas de Galicia e tamén conviviremos cos alumnos de 5º de Primaria do Ceip de
Vite de Santiago de Compostela . Con estes rapaces comeremos no parque de Bonaval, se o tempo nos acompaña .
Manterémosvos informad@s nos vindeiros días de como foi esta actividade .
Esperamos que esteades aí !