Skip to Content

BENVIDOS Á NOSA PÁXINA WEB

Benvidos á páxina Web do CEIP de Curtis

https://correoweb.edu.xunta.gal/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&muid=%7B5%7DINBOX4148&view_token=8JfSZ5dhIHXuB_GBYpEdchl&uniq=1706099811980

O Proxecto deste curso 2023/2024 é "Galicia somos nós"

Festival de Nadal

Estimadas familias: 

Unha vez reunida a Comisiòn de Coordinación Pedagóxica acordouse realizar o festival de Nadal o día 20 de decembro, o horario aproximado será de 12:00 a 14:00 horas. 

Nas próximas semanas achegaremos unha planificación exacta das actuacións e os horarios. 

MAGOSTO E SAMAÍN

Durante a última semana de outubro realizamos unha exposición de cabazas decoradas en relación co proxecto "Galicia somos nós" para conmemorar o Samaín.  Ficamos asombrados ano tras ano coa creatividade dos nenos e as nenas e as súas familias. Bo traballo!!

O mércores 31 realizouse o tradicional magosto no centro. Procedemos a queimar os medos, fixemos unha degustación de castañas asadas e para rematar disfrutamos dun circuito de xogos populares.

 

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos resumos que xa compartimos no Instagram do centro.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

MAGOSTO E XOGOS

 

Esperamos que vos guste.

 

DÍA DA BIBLIOTECA.

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas, para conmemoralo realizamos unha actividade de presentación na que cada curso explicou como traballará o proxecto do curso "Galicia somos nós".

Animámosvos a ver un vídeo resumo da actividade realizada na seguinte ligazón.

 

DÍA DA BIBLIOTECA

AULA VIRTUAL SANTILLANA (3º, 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA)

O alumnado de 3º, 4º, 5º, 6º de primaria pode acceder á aula virtual de Santillana para ter o libro virtual á súa disposición.  Cada neno ten unha licencia e contrasinal que lle foi entregada hai uns días nun folio tamaño A5.

Este ano é necesario rexistrarse antes , co cal as familias teñen que empregar a súa conta de correo.

No ficheiro adxunto podedes ver o manual para quen teña dificultades neste proceso.

Recordar que non é obrigatorio entrar na aula virtual, pero sí recomendable.

Eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

Como moitos de vostedes saben durante os próximos días vai haber eleccións ao Consello Escolar.

O proceso a seguir vai ser o seguinte:

22 OUTUBRO.- Constitución da Xunta Electoral. 1ª reunión. Levantar acta. Calendario de actuación. Solicitar ao concello e a ANPA designación dos seus representantes no CE, dándolles un prazo de 10 dias.

30 OUTUBRO.- Publicación de elección nos diversos sectores (profesorado/ país, nais/ PAS), censos electorais, comunicación aos diversos sectores.

ATA O 6 DE NOVEMBRO.- Período de reclamación ao censo.

DO 1 AO 8 DE NOVEMBRO.- Presentación de candidaturas.

5 DE NOVEMBRO.- Remitir convocatoria para a 2ª reunión da Xunta Electoral, que se celebrara o dia 11 de novembro.

Convocatoria de claustro informativo.

11 DE NOVEMBRO.- Reunión claustro informativo. Normas da elección , data claustro extraordinario eleccións do sector profesorado.

2ª reunión da Xunta Electoral, análise de posibles reclamación, proclamación de candidaturas presentadas, sorteo das mesas electorais, comunicación a país/nais das candidaturas do seu sector, publicación no centro das candidaturas dos diferentes sectores, citacións para a constitución das mesas electorais, convocatoria para a 3ª reunión da Xunta Electoral para o 14 de novembro, convocatoria de claustro extraordinario.

14 DE NOVEMBRO.- 3ª reunión da Xunta Electoral, resolución das reclamacións á proclamación de candidaturas.

20 DE NOVEMBRO.- Votacións para tódolos sectores,  Claustro extraordinario elección representantes profesorado.

 25 DE NOVEMBRO.- 4ª e última reunión da Xunta Electoral para proclamar e publicar a listaxe de candidatos electos dos diversos sectores. Convocatoria de reunión por parte da dirección do centro, para a constitución do novo Consello Escolar.

 

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA

Onte,  día 14 de outubro, aprobáronse en Consello Escolar as normas de organización, funcionamento e convivencia do centro, xa que se levou a cabo unha revisión das anteriores. Están no documento adxunto.

MAGOSTO/SAMAÍN

Queridas familias:

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Para iso precisamos a vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar "Galicia somos nós".

A entrega das cabazas farase entre o luns 28 e o martes 29 de outubro. O mércores 30 cada alumno/alumna levarán a súa cabaza de volta para a casa.

O mércores 30 de outubro celebrarase o magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda. Por suposto os nenos e as nenas poden vir disfrazados.

Circular eleccións Consello Escolar

Estimadas familias:

Como moitos de vostedes saben durante os próximos meses, outubro e novembro, levarase a cabo as  eleccións ao Consello Escolar.

Dende a dirección do centro animámolos a que participen.

O 18 de outubro realizarase o sorteo dos integrantes da Xunta electoral e o envío de citacións aos membros da mesma.

 

 

Eleccións Consello Escolar

Poderán encontrar toda a información relacionada coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordinación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, nesta páxina web no apartado centro, Consello Escolar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut