Skip to Content

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con motivo deste día Inclubasket Coruña mostrounos as cadeiras de rodas que usan as persoas con algún tipo de discapacidade motora para xogar ao balonmán. Os nenos e as nenas puideron velas e preto e mesmo xogar nelas así como probar unha bicicleta adaptada.

No arquivo adxunto podedes ver as nosas fotos desta xornada.

TORNEO DE BRILÉ

Ao longo do mes de novembro levouse a cabo nos recreos un torneo de brilé no que participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Nos adxuntos podedes ver algunhas fotos do partido final e dos compañeiros e compañeiros que participaron e acudiron a animar.

Pasámolo xenial!!

Excursión a Camariñas

O 16 de novembro, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Curtis acudimos a Camariñas. Realizamos a primeira parada no museo de Man en Camelle. A continuación visitamos a empresa Canosa, especializada na importación, procesamento e exportación de polbo conxelado. Rematamos o día no faro Vilán.

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN CUN MAGOSTO.

Os nenos e as nenas disfrutaron dunha xornada de Magosto para celebrar o Samaín. 

No patio da escola fíxose unha exposición de cabazas con todos os traballos que trouxeron da casa, comeron castañas e biscoito e por último practicaron varios xogos populares no patio da escola. 

Pasaron unha divertida mañá na que, ademais, algúns alumnos e alumnas viñeron disfrazados con motivo do Samaín. 

 Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos!

 

Día das bibliotecas

DÍA DAS BILBIOTECAS

 

O 23 de outubro celebramos o día das bibliotecas e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto “GALICIA SOMOS NÓS”.

 

Todas e todos xuntos cantamos a canción “Lingua bonita”.

 

Ademais, aproveitamos para celebrar o 1º premio de clubs de lectura escolares a nivel nacional, comendo un rico biscoito.

 

Queredes ver que ben o pasamos? Facede click na foto e veredes o vídeo.

 

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Pero para iso precisamos da vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar: “Galicia somos nós”. A entrega das cabazas farase entre o luns 30 e martes 31 do presente mes. Será entre o xoves 4 e o venres 5 cando cada alumno e alumna levará a súa cabaza de volta para a casa.

Aproveitamos para comunicarvos que o martes 31 celebraremos o Magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda con castañas e refrescos e, por suposto, os nenos e nenas poderán vir disfrazados!

Agradecer de antemán a vosa colaboración, 

 

EDLG

PRIMEIRO PREMIO PARA O NOSO CLUB DE LECTURA

HOXE TEMOS A GRAN SORTE DE PODER COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP CURTIS A ALEGRÍA POR TER RECIBIDO O PRIMEIRO PREMIO NOS CLUBES DE LECTURA ESCOLARES  A NIVEL NACIONAL AO CURSO 2022-2023.

COMO XA DE TODOS É SABIDO,  O CENTRO RECIBIRA UN SEGUNDO PREMIO NO CURSO ANTERIOR. ESTE ANO, LOGRAMOS O PRIMEIRO E ÉNCHENOS DE  SATISFACCIÓN PORQUE, ADEMAIS DO IMPORTE ECONÓMICO (5.000 EUROS), QUE NOS PERMITIRÁ FACER MELLORAS NA NOSA BIBLIOTECA RAIOLA, SENTIMOS ORGULLO POLA LABOR QUE O  EQUIPO DE BIBLIOTECA LEVA FACENDO DENDE HAI XA MOITOS ANOS. 

 

ACLARACIÓN MATERIAL 5º E 6º PRIMARIA

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA DEBERÁ MERCAR, ADEMAIS DO INCLUÍDO NA LISTA DE MATERIAL, UNHA CAIXA DE TÉMPERAS E, CONCRETAMENTE PARA O ALUMNADO DE SEXTO, UN PAQUETE DE 100 FOLIOS DE 80 GR.

 

MATERIAL DE AULA 23-24

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES CONSULTAR O MATERIAL DE AULA PARA ESTE CURSO ESCOLAR.

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTARSE OS LIBROS DE TEXTO DO CURSO ESCOLAR 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut