O pasado día 14 de decembro os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha excursión á cidade de A Coruña.
Visitaron en primeiro lugar a Torre de Hércules e os seus arredores: a rosa dos ventos e o parque de menhires. Seguidamente desprazáronse ao museo de Belas Artes onde viron obras de diferentes tipos. Finalmente comeron e regresaron pola tarde.
Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
torre Hércules.jpg | 27.95 KB |
Rosa dos ventos.jpg | 15.2 KB |
parque menhires 1º.jpg | 24.34 KB |
parque menhires 3º.jpg | 26.99 KB |
mural museo.jpg | 27.21 KB |
cadro museo 2.jpg | 19.28 KB |
cadro mariscadoras.jpg | 15.02 KB |