Na resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na orde do 29 de abril de 2022, establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.
A partir do martes 18-10-2022 ata o 30-11-2022, as persoas solicitantes da primeira axuda ou as autorizadas debidamente, poden pasar polo centro educativo recollelos en horario de 9:00 a 10:30.