Durante este ano as entradas e saídas levaranse a cabo do seguinte xeito:
ENTRADAS: O alumnado de infantil e primaria comezará a entrar a partir das 09:50 ata as 10:00 en setembro e xuño e das 08:50 ata as 9:00 nos restantes meses. A continuación, pecharanse as cancelas. En primaria, poden usar a entrada que desexen; de chegaren tarde, deberán pasar por secretaría a cubrir a xustificación.
SAÍDAS:
ALUMNADO NON USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15:00 h e nos restantes meses ás 14:00 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.
ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15: 50 h e nos restantes meses ás 14:50 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.